1.6.10

Sanidade: os traballadores do Hospital da Barbanza continuarán aumentando a presión para que se dote de celadores o centro

Ribeira, 1 de xuño de 2010. "Seguimos pedindo os celadores, e non descartamos escribir á Directora Xeral do Sergas. Queremos un pronunciamento sobre o tema, de momento pese ás nosas presións, apoio dos partidos políticos da zona, usuarios, presentación de queixas ó Valedor do Pobo, que por certo nos dá a razón, prensa escrita, prensa en internet, etcétera, non se conseguiu polo de agora nada de nada", cóntannos os traballadores do Hospital da Barbanza que se concentraron o pasado 30 de maio na porta do centro. Seguirán mobilizándose ata que se acabe con esta discriminación e se cree a categoría de celador neste hospital e no de Cee (Virxe da Xunqueira, tamén comarcal). Levan case dous anos sen obter resposta por parte da administración, polo que o Comité de Empresa xunto cos traballadores decidiron continuar coa serie de concentracións. A da imaxe foi a segunda.

Dende o Comité de empresa estudan enviar escritos á Directora de Recursos Humanos do Sergas, que é quen ten a potestade de dotar ó centro de celadores.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical