O Consello Escolar do CEIP de Sobrado-Nebra rexeitou onte o Decreto do Plurilingüismo aprobado recentemente pola Consellería de Educación:
O CONSELLO ESCOLAR despois de analizar o borrador do Decreto de plurilingüismo presentado pola Administración educativa ao Consello Escolar de Galicia e de deliberar sobre as razóns defendidas pola comunidade educativa no Pleno dese organismo celebrado o pasado 7 de abril, decide rexeitalo polas mesmas razóns alegadas polo Consello Escolar de Galicia, que, en síntese, son as seguintes:
• Empeórase, a xa de por si deficiente, competencia lingüística en galego.
• Impídese a tarefa normalizadora do profesorado tratando por igual a dúas linguas que están en situación de desigualdade.
• Desvalorízase a función docente e a súa profesionalidade ao permitir que as familias decidan o que debe ser obxecto de decisión polo
profesorado, o verdadeiro coñecedor da realidade do alumnado e quen ten a formación necesaria.
• A libre elección da lingua por parte do alumnado socava a autoridade do profesorado ao lanzar ao alumnado a idea de que o profesorado fai o que decide a familia, mentres que o alumnado decide ao seu antollo.
• Abre a porta a creación de numerosos conflitos nos centros, que antes da aplicación desta norma non existían.
• É unha norma contraria ao consenso parlamentario do Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade polo Parlamento
de Galicia no 2004. Toda norma sobre a normalización do galego ten que respectar este Plano.Por todo o anterior esiximos a retirada do borrador do plurilingüismo, como se aprobou por ampla maioría no Consello Escolar de Galicia, e que a elaboración da calquera norma se basee no consenso acadado co PNL do 2004
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario