19.10.11

Ribeira: máis de 1.300 inscritos xa na VI Xuntanza do Maior deste domingo 23 de outubro

Paula_con_xesos

  • A rifa solidaria irá para axudar a Paula, a nena de Boiro con agnesia sacra que está a tratamento en Alemania
  • O encontro terá lugar na céntrica praza de España, baixo carpas
  • Disque se aforra este ano en autoridades, ao invitar a menos

 

Ribeira, 19 de outubro de 2011.- Máis de 1.300 persoas xa adquiriron a súa entrada para participar este domingo na sexta edición da Xuntanza do Maior de Ribeira: un acontecemento que cambia de ubicación respecto a anos anteriores e terá lugar nunha carpa instalada en plena Praza de España, en pleno centro da cidade.  

O programa do evento, organizado pola Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia de Ribeira, iniciarase ás 12.30 horas cunha Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa Uxía con participación da Coral Polifónica Municipal de Ribeira.  

Acto seguido terá  lugar a recepción dos asistentes na carpa da xuntanza, estando previsto que a comida dea inicio en torno ás 14 horas. O acontecemento prolongarase ata a noite e estará amenizado polo grupo Gandaina de Palmeira e a orquestra Salsa Rosa. 

Contribución solidaria

Cabe recordar que o desenvolvemento do encontro dará cabida, co lema de “Cun pouquiño de cadaquén facemos moito por Paula”, a unha contribución solidaria dirixida a axudar da pequena boirense. 

Recurte de autoridades, pero vén a conselleira de Traballo

Por outra parte, a organización do evento decidiu recortar respecto a convocatorias anteriores o número habitual de autoridades ás que se acostuma convidar, diminuíndo así os gastos protocolarios. 

Unha das persoas que en principio si asistirán ao evento é a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato Otero. 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical