30.5.12

Ribeira: charla sobre compostaxe en Palmeira este xoves 31 e apertura da biblioteca os sábados

Media_httpfarm7static_iuaga

Aparello para tronzar restos de podas de árbores e facer compostaxe

Ribeira, 30 de maio de 2012.- Mañá xoves 31 de maio, ás 18 horas, terá lugar unha nova charla informativa sobre compostaxe, reciclaxe e separación de residuos. Será ás 18 horas no Local Parroquial de Palmeira e estará impartida unha vez máis por membros de Protección Civil, os cales previamente recibiron un curso específico de formación a fin de contar cos coñecementos necesarios.

O acto é público e gratuíto para quen queira asistir. Os veciños que acudan ao citado centro cultural recibirán, en sintonía co contido da actividade, bolsas de 20 litros de capacidade coas que facer máis cómoda a segregación de refugallos en orixe (hainas amarelas para depositar os envases de plástico, latas e briks; azuis, para o papel e cartón; e verdes para o vidro).

Composteiros

Ademais, os que así o desexen poderán aspirar a recibir un dos 50 composteiros de 360 litros de capacidade, fabricados a partir de material reciclado, que Sogama entregou ao Concello nesta primeira fase do programa, co fin de seren distribuídos entre vivendas rurais e outorgarlles así a posibilidade aos seus ocupantes de transformar a materia orgánica xerada nun abono con excelentes propiedades para o solo.

Dende o Concello se tomará nota de todos os veciños interesados en percibir un destes composteiros, tanto na charla de mañá como no resto de charlas que se sucederán proximamente. No caso de que a demanda excedese á oferta, estes recipientes serían entregados priorizando a aqueles peticionarios que cumprisen unha serie de requisitos (como criar animais nas súas casas, etc...).

Biblioteca aberta os sábados de xuño para familiarizar aos nenos

Media_httpfarm3static_mcswf

Tamén informou hoxe o Concello de que "visto éxito obtido pola nova iniciativa “Sábados de Libro na Biblioteca” que se desenvolveu no marco do Maio Cultural 2012 (unha acción que congregou a centos de nenos e nenas procedentes das nove parroquias), o Concello adoptou a decisión de abrir esta instalación situada na rúa Manuel Lustres Rivas de Santa Uxía os sábados pola mañá do mes de xuño, co obxectivo fundamental de que os máis pequenos se familiaricen con esta dependencia municipal e coñezan de primeira man os servizos que presta".

A tal efecto, os sábados 2, 9, 16, 23 e 30 de xuño, a biblioteca estará aberta de 11 a 13 horas e, con independencia do obxectivo descrito no anterior parágrafo, tamén poderá ser utilizada por calquera usuario que queira facer uso desta instalación.

Tamén lle pode interesar:


"Son's de Aguiño": o sabado 2 de xuño, Festival Tradicional

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical