- Nun programa chamado "Elixidos para o triunfo" e coa intención de fomentar o espírito deportivo neste ano olímpico
- Este venres comezan con Pablo Cimadevila, de Natación Adaptada. O venres 8 estarán os atletas Gómez Noya, Iván Raña, Saleta Castro e Antón Ruanova e o venres 15 os ciclistas Ezequiel Mosquera, David Blanco e Álex Marque
Noia, 30 de maio de 2012. Durante este mes de xuño hai unha serie de charlas-encontros con deportistas olímpicos e de alto nivel na Sociedade Liceo de Noia que compartirán con todos os asistentes as súas experiencias. Pola calidade dos invitados (todos homes agás Saleta Castro) está garantido o seu interese neste ano olímpico.
Venres 1 de xuño: Natación Adaptada Pablo CimadevilaVenres 8 de xuño:Atletismo Javier Gómez Noya Iván Raña Antón Ruanova Saleta CastroVenres 15 de xuño: Ciclismo Ezequiel Mosquera David Blanco Álex Marque |
Todas as charlas-coloquio darán comezo a partires das 20:00h da tarde.
Noia: este domingo 3,"O enfermo imaxinario" represéntase no salón de actos do Liceo post.ly/7Xvl8
Tamén en Noia:
Curso: o 1 e 2 de xuño, sobre pautas en condutas adictivas
Curso: o 2 de xuño, sobre úlceras por presión
Curso: sobre Celso Emilio Ferreiro, do 4 ao 8 de xuño
Certame de fotos: sobre o peor da globalización. Ata 15 de outubro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario