- Os operarios farán novas catas onde vai o aparcadoiro subterráneo do Malecón
Con esta actuación, dáse outro paso máis na consecución dun novo mercado municipal para o municipio. Tal e como lembrou o alcalde Manuel Ruiz Rivas no pleno ordinario do pasado luns, a execución do inmoble adscríbese ao plan Riveira Atlántica 2015 e para a súa construción aprobouse unha partida orzamentaria de 2,77 millóns de euros, ademais doutra de 93.000 euros para a redacción do proxecto.
Resistencia do terreo
O estudo xeotécnico citado está a consistir na realización dunha serie de calicatas (unha técnica de prospección para escavacións de pequena profundidade) co fin de comprobar a resistencia do terreo. Os operarios iniciaron estes traballos o pasado luns e proseguirán a vindeira semana.
Ademais de actuar no entorno da actual praza de abastos tamén estiveron facendo prospeccións no lugar onde este servizo se vai instalar temporalmente: un solar moi próximo situado na praza de España que acollerá unha carpa pneumática de 400 metros cadrados de superficie e que acollerá os labores de compravenda mentres teñan lugar as tarefas de derrubo da praza actual e a construción do vindeiro mercado.
200 prazas subterráneas para vehículos
A continuación, os operarios proseguirán o seu traballo con novas prospeccións no lugar onde se prevé situar o parking subterráneo do Malecón: un proxecto que está ligado ao do mercado municipal e que contará con 200 prazas de aparcamento, segundo informou Ruiz Rivas no pleno do luns.
Cursos: "Flor de Toxo" abre escola de música tradicional. Anótate!
Fungos: voltan os Luns Micolóxicos dende o 3 de outubro
Rúa Lepanto: van meter o gas. Dez días máis de obras
Fin de semana multiaventura: aberta a inscrición. De 18 a 35 anos
Carreira de Santa Uxía: uns 500 nenos correrán o 8 de outubro
Arte: expo de escultura ata outubro en Carreira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario