30.9.11

Noia: adxudicada a obra do campo de fútbol de herba artificial en San Lázaro

Media_httpfarm7static_swapx

O novo campo estará nas inmediacións do que xa hai en San Lázaro

Noia, 30 de setembro de 2011. A empresa “CONSTRUCIONES Y OBRAS JOSE ANTONIO SLU.” resultou adxudicataria do concurso para a construción do campo de herba artificial en San Lázaro.

O concello de Noia sacou á licitación o concurso para a construción do campo de herba en San Lázaro con orzamento de 348.706,99€. Este orzamento está financiado o 70% pola Deputación provincial de A Coruña e o 30% polo concello de Noia.

O concello de Noia quedou fóra das dúas convocatorias que fixo a Deputación provincial de A Coruña para a construción de campos de herba artificial na provincia. O motivo para non acudir a estas convocatorias por parte do concello noiés era a falla de disponibilidade de terreos. Agora, grazas as xestións realizadas coa “Dirección general de la sostenibilidad de la costa y el mar” dependente do “Ministerio de medioambiente rural y marino” ampliouse a concesión existente do actual campo de fútbol de san lázaro en 6000 metros cadrados na actual zona do aparcamento do campo de futbol existente.

A concelleira de Deportes Mary Domínguez considera "moi importante esta actuación, xa que Noia é dos poucos concellos que non dispoñen de campo de herba artificial que resulta imprescindible dado o gran número de rapaces que practican este deporte con numerosos equipos de fútbol en competición nas distintas categorías".

A situación onde se vai construir este campo de herba artificial é o único sitio viable a día de hoxe: a ampliación da concesión de aparcamento é a única solución posible para dispor de terreos axeitados para a construcción de tan ansiado campo de herba artificial. Calquera outra localización ou alternativa ten problemas administrativos que farían que Noia volvera  quedar sen esta instalación.

Roo con campo homologado

O concello de Noia tamén está a realizar melloras no campo de fútbol parroquial de Roo, o  Campo da Xea, para que esta instalación vecinal teña as dimensión precisas que o habiliten para poder realizar partidos oficiais.

Pode que tamén lle interese:


I Encontro de Artistas Novos: o noiés Ismael Teira estivo alí 


Arqueoloxía: o Psoe leva ao Parlamento o arraso do castro de Taramancos


Estradas: cartos para seguridade viaria entre Noia e Cabo de Cruz


Urbanismo: ouro, así, non. Retirada de carteis ilegais

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical