
Barbanza-Noia, 17 de xuño de 2010. A Consellería de Sanidade vén de autorizar a sinatura de dous proxectos de acordo en
materia de drogodependencias. O primeiro deles, subscrito entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Consellería de Sanidade; o Servizo Galego de Saúde; e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), por un importe de 4.613.066 euros, vai destinado á realización do programa de prestación de asistencia a drogodependencias (Adiccións), a través dos concellos que dispoñan de unidades asistenciais de drogodependencias. Por medio desta iniciativa, canalízase todo o financiamento a través do Pacto Local para a realización de actividades de asistencia por parte dos concellos. Nestas bisbarras, Noia leva 149.720 euros e Ribeira, 421.612.
Asígnase á Federación Galega de Municipios e Provincias o papel de entidade colaboradora e enlace dos concellos representados nela, e canalízase o financiamento dispoñible simplificando a xestión e concentrando o esforzo de fomento
administrativo nunha mesma dirección. A Xunta di asegurar así continuidade asistencial da poboación acollida a este programa, utilizando as estruturas existentes nos concellos, así como a eficiencia na asignación dos recursos limitados dispoñibles aos obxectivos establecidos.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario