Os veciños da Ribeiriña xa petaron a todas as portas dos políticos para que lles arranxaran varios problemas A Pobra do Caramiñal, 17 de xuño de 2010. No Consello da Xunta que se celebrou hoxe chegouse a un acordo polo que se aproba a colaboración técnica e financeira da Xunta de Galicia co Concello da Pobra do Caramiñal, para a execución da obra de actuacións de saneamento da Comunidade Autónoma. En concreto é o saneamento na Ribeiriña, na súa fase II, con clave OH.315.955, por un importe de 676.312,93 euros. A Xunta de Galicia realizará unha achega económica de preto de 700.000 euros distribuídos en dúas anualidades que se corresponden co presente ano 2010 e o vindeiro 2011. A Administración hidráulica de Galicia financia o 100% destes traballos. O presente proxecto prevé obras centradas na recollida de augas residuais dos núcleos de Ribeiriña e O Conchido que serán transportadas mediante colectores e impulsadas ata o colector executado na primeira fase.
Traballos que se van realizar
No que se refire ás augas fecais, instalaranse 2.109 metros de lonxitude paralelos á estrada que une Padrón e Ribeira (AC-305) así como 807 metros destinados a augas pluviais. Tamén se executará un pozo de bombeo en formigón armado de 2,4 x 5 metros en planta e profundidade de 3,25 metros. O convenio abrangue entre os seus cometidos a reposición dos servizos e pavimentos afectados polas citadas obras de saneamento. Na primeira fase foi tamén a Xunta de Galicia a que financiou a obra de saneamento na Ribeiriña, que foi adxudicada en maio de 2007 á empresa Proyecón Galicia, por un importe de 588.885 euros. As obras xa están rematadas e pendentes deser recibidas pola Administración, asegura a Xunta. Esta primeira fase consistiu na execución de dous pozos de bombeo para recollida de augas residuais e a súa incorporación á rede existente da Pobra. Como a infraestrutura de saneamento á que se incorporaban as augas non era suficiente, na mesma obra aumentouse de capacidade un bombeo existente e o colector de chegada á Pobra, que pasou de ter un diámetro de 400 mm a un de 630 mm.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario