28.9.10

Ribeira: agardan 1.500 participantes na quinta edición da Xuntanza de Maiores o 24 de outubro

Ribeira, 28 de setembro de 2010. A Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, que dirixe María Esther Patiño Rey, pon en marcha un novo curso do Programa de Dinamización e Ocio dos Nosos Maiores, cuxas actividades dirixidas a propiciar unha actitude activa e participativa dos veciños de máis idade na vida do municipio riveirense. 

Dentro dese elenco de actividades, cabe salientar en primeiro lugar a Xuntanza dos Maiores de Ribeira, que cumpre a súa quinta edición e terá lugar o domingo día 24 de outubro no recheo portuario aledaño ao Club Náutico. O programa desta celebración iniciarase ás 12.30 horas cunha Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa Uxía. Ás 13.15 horas, terá lugar a recepción dos asistentes na carpa da xuntanza, mentres que a comida dará inicio ás 14 horas. O acontecemento estará amenizado polo grupo  de gaiteiros Gandaina de Palmeira, a orquestra Odisea e o grupo Reflexos. 

Cun importe de dez euros, as entradas xa están á venta na Tesourería do Concello. Poderán adquirilos todos os maiores empadroados en Ribeira. A organización prevé alcanzar os 1.500 participantes. 

Por outra parte, María Esther Patiño informou dos Obradoiros de Terceira Idade do novo curso 2010-2011 que terán lugar a partir de outubro no marco do Programa de Dinamización e Ocio dos Nosos Maiores: trátase do taller de Reestructuración Cognitiva, que será impartido polo profesorado do Departamento de Servizos Sociais; o obradoiro de Reforzo Educativo, impartido polo voluntariado social; de Pandeireta, por membros do grupo de música tradicional Tahúme; As Nosas Historias; polo Departamento de Normalización Lingüística de Riveira; e o taller de Informática, a impartir pola Rede de Dinamización da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical