13.9.11

Ribeira: amañarán a rúa Cervantes e pavimentarana con pedra para harmonizar un dos barrios orixinais de Santa Uxía

Ra_cervantes_en_google_street_

  • A actuación terá un custe de 176.000 euros, informou hoxe o Concello, que vén de sacala a licitación


 
Ribeira.- 13 de setembro de 2011.- O Concello  acaba de sacar a licitación unha obra que, cun presuposto de 176.042,05 euros, servirá para renovar os servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais no entorno da rúa Cervantes, situada no casco urbano de Santa Uxía, concretamente no barrio de Bandourrío.

O prazo de execución da actuación é de 3 meses, de acordo co proxecto técnico elaborado polos servizos municipais.

No que atinxe ao abastecemento de auga, vanse suplantar as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente. Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, se colocará un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última  instalarase un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros.

En canto ao saneamento de pluviais, vaise dispor dun colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conducirá o auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalarase un colector de 315 milímetros. 

Pavimentación

Ademais, a zona de actuación será obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando así un acabado de pedra acorde cunha zona que está situada nun dos barrios orixinais de Ribeira. 
 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical