O BNG da Comarca de Muros e Noia quere manifestar a súa satisfacción polo acordo alcanzado no Senado por parte do representante do BNG, Xosé M. Pérez Bouza, e outros partidos políticos polo que se aproban dúas enmendas aos Orzamentos Xerais do Estado que servirán para realizar dúas actuacións na nosa comarca.
As enmendas foran presentadas polo senador do BNG á iniciativa da comarca de Muros e Noia e refírense a dúas iniciativas, unha no Concello de Porto do Son e outro no de Muros.
- A primeira das enmendas consiste nun convenio entre o Ministerio de Cultura e o Concello de Porto do Son para a adquisición dunha antigua fábrica de salazón situado no casco urbano de Porto do Son, para a súa conversión en Museo do Mar e Etnográfico. A partida económica para esta actuación será de 500.000 €.
- A segunda das enmendas consiste nun convenio entre o Ministerio de Medio Ambiente e o Concello de Muros para a construción/reparación dun paseo maritimo en Esteiro. Neste caso a partida económica ascende a 1.000.000 €.
Con estas actuacións impúlsanse proxectos que poñen en valor o patrimonio cultural e paisaxístico da nosa Comarca e que serven para xerar riqueza e emprego.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario