11.12.09

Rianxo: o Bng insta a potenciar e comprometerse co sector comercial local

O BNG de Rianxo pide mollarse co sector comercial rianxeiro para botar a andar iniciativas conxuntas

Pedirá explicacións ao Alcalde polo acontecido coa suspensión da Feira de Oportunidades de Rianxo diante das críticas recibidas desde a patronal do comercio

O BNG de Rianxo quere coñecer de primeira man as razóns do Alcalde para negarse a abandeirar esta iniciativa que en agosto pasado contou con arredor de 7.500 visitantes. Nunha época de crise coa actual, cos problemas que arrastra o comercio polo miúdo no noso Concello, pensamos desde o BNG de difícil explicación virarse de costas ás demandas do empresariado local cando é preciso bogar todos nunha mesma dirección.

O BNG ven reclamando medidas de apoio ao sector para estimular as vendas, tanto do comercio local como dos vendedores da praza de abastos, encontrándose sempre coas excusas do PSOE botando balóns fóra e que traslucen  unha completa falta de ideas e ilusión para mellorar a situación actual do sector. Se aínda se está en tempo de minimizar as perdas e apoiar esta inicitiva que se rectifique ou se propoñan alternativas.

A propia Asociación de Empresarios de Rianxo  (ARE) expresou o seu malestar co executivo local e sinalou contiosas perdas económicas, e unha falta de aclaración convincente dos motivos polos que se suspendeu esta iniciativa.

O BNG de Rianxo cre necesario convocar en Rianxo un Consello Sectorial de Desenvolvemento Local, a modo de foro de participación de entidades socias e con especial fincapé  nas áreas de comercio e turismo, aberta ao sector comercial local para impulsar un Plan Local de potenciación do comercio polo miúdo e estabalecer liñas conxuntas de actuación e de acceso aos recursos financieiros, formativos e tecnolóxicos das distintas administracións. Os sectores productivos de Rianxo deben ser escoitados.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical