10.8.12

A Pobra: prosegue a precampaña, agora inaugurando arranxos en paseos marítimos

Pobra_areal

  • A delegada territorial da Xunta e o alcalde da Pobra do Caramiñal inauguran o renovado paseo do Areal

  • Os traballos consistiron na mellora do alumeado, o pintado da estrada e o acondicionamento das zonas axardinadas por 40.000 euros

  • A Pobra é un dos concellos de Barbanza máis endebedados e tivo que ir a axuste. Segundo o Ministerio de Economía e Facenda, debía a 31 de decembro de 2011 2.589.000 euros, o que supón o 34% do orzamento municipal, que ascendía a 7.599.900 euros o ano pasado. Ademais agóchalle as contas á oposición

A Pobra, 10 de agosto de 2012.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, realizou hoxe unha visita de precampaña electoral ao concello da Pobra do Caramiñal, onde acompañada polo alcalde do PP, Isaac Maceiras, inaugurou o remozado paseo do Areal. Nos últimos meses leváronse a cabo traballos de acondicionamento e remodelación deste espazo, co fin de mellorar a súa imaxe e adaptalo ás necesidades dos seus usuarios.

A actuación, que contou cun investimento de máis de 40.000 euros, realizouse a través da colaboración da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación provincial e o propio Concello. O proxecto contou con tres niveis da actuación. En primeiro lugar, pintáronse de cor azul todos os bancos e papeleiras e renovouse o alumeado para mellorar a imaxe daqueles farois máis deteriorados e incorporar luces de baixo consumo.

Ademais, procedeuse ao pintado da estrada que discorre ao longo do paseo, o que sen dúbida repercutirá nun incremento da seguridade viaria. Por último, acondicionáronse todas as zonas axardinadas, a través da poda das palmeiras, o arranxo do céspede e a plantación de novas especies ornamentais.

Con esta actuación, indicou Do Campo, “engádeselle máis valor ao que de por si xa tiña o paseo do Areal, unha das zonas máis transitadas tanto polos pobrenses como polos que nos visitan grazas á súa privilexiada situación ao borde da praia do mesmo nome”. A delegada territorial tamén destacou a cooperación mantida entre as diferentes administracións para sacar adiante o proxecto e, neste senso, mostrouse disposta a seguir estreitando a colaboración institucional “co obxectivo de seguir mellorando os servizos que se ofrecen aos cidadáns e a resposta ás súas necesidades”. Para iso, a delegada territorial reiteroulle ao concello “todo o diálogo e apoio para buscar de xeito coordinado solucións ás demandas dos veciños”.

Onte, en Boiro:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical