30.3.10

Prazo de inscrición para ir A Coruña e Betanzos

O Departamento de Servizo Sociais de Riveira informa de que hoxe luns, día 29 de marzo, iníciase o prazo de inscrición para participar na segunda das Saídas Culturais para Maiores que organiza a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, e que terá a zona de A Coruña e Betanzos como puntos de destino. 

Esta excursión desenvolverase o día 16 de abril. O itinerario da ruta comezará na estación de autobuses de Riveira ás 8 horas coa recollida dos participantes e o seu traslado á Coruña. Os primeiros dous puntos da cidade herculina que serán visitados serán o Aquarium Finisterrae (10 horas) e o Domus (11.30). Acto seguido percorrerase o Monte de San Pedro e pasearase pola zona histórica e a praza de María Pita, sede da Casa Consistorial. 

Ás 14 horas terá lugar a comida e pola tarde a expedición tomará camiño a Betanzos previo paso polas localidades de Santa Cruz, Mera e Sada. Unha vez chegada á localidade betanceira percorrerase a súa zona histórica. 

O prezo por participar é de 20 euros por persoa. Os maiores interesados en tomar parte nesta excursión, a primeira das seis que integran as Saídas Culturais 2010, deben presentar as súas solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409). 

O prazo de inscrición remata o día 13 de abril.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical