12.11.09

Rianxo: piden o remate das obras no Consistorio

Foto de arquivo

O BNG de Rianxo insta ao executivo do PSOE a "poñerse as pilas e rematar as obras" da Casa do Concello

Levan dous meses medio paradas e sen obreiros traballando

Rianxo, 11 de novembro de 2009. O BNG de Rianxo chama a atención do goberno municipal e insta a que se poña as pilas para rematar as obras na casa consistorial. Os obreiros desapareceron das obras e apenas se deixaron ver para amañar a inundación que afectou o edificio do antigo xulgado no mes pasado por un suposto atasco nas cañerías coas primeiras chuvias.

Esta reforma acumula un retraso espectacular xa que ás demoras do proxecto para obter permisos en Patrimonio súmanse as demoras na execución dos traballos por parte da empresa. Do ano previsto que tiña para executar esta actuación pasamos aos máis de tres anos, sen que a estas alturas se albisque finalización ningunha e coas obras paradas. Mentras os plenos realizanse no Cuartel Vello e varios departamentos municipais están saturados de empregados e papeis.

Do mesmo xeito tamén se requirirán informes sobre o estado actual das obras tras a igrexa da Guadalupe, dos usos previstos por parte do Concello para este local, do estado do financiamento para o edificio e da data prevista de posta en funcionamento, se a ten. 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical