12.11.09

Mar: mexillóns e gaiolas de salmón en Arousa, no debate Bng-PP

EN RESPOSTA AO BNG, A CONSELLARÍA DO MAR ASEGURA QUE
O “SECTOR MEXILLOEIRO GALEGO DÉBESE SOMETER ÁS REGRAS DO LIBRE MERCADO”

Bieito Lobeira insta á Consellaría do Mar a que retire a gaiola para o cultivo de salmón da ría de Arousa porque carece de licenza de actividade

Santiago de Compostela, 12 novembro 09.- En resposta a unha pregunta do portavoz de Pesca do Grupo Parlamentar do BNG, Bieito Lobeira, o director  xeral de Estruturas e Mercados da Pesca da Consellaría do Mar, Juan Carlos Maneiro, defendeu a non intervención do Goberno do PP para defender o mexillón galego fronte ao foráneo porque “hai que acatar e someterse ás regras do libre mercado”.

O deputado do BNG dirixíase esta tarde na Comisión de Pesca do Parlamento Galego á Xunta de Galiza para que poña en marcha medidas de defensa dos  produtores galegos de mexillón “ante a situación crítica que están a padecer, fundamentalmente polas masivas importancións de mexillón procedente de Chile e Nova Zelanda que a industria conserveira vende de xeito fraudulento como se fora mexillón galego”.

Na súa resposta o representante da Consellaría do Mar recoñeceu que “a situación é complicada” e amosou a súa confianza en que “se produza unha melloría coa campaña navideña”. Contodo, rexeitou informar sobre medidas concretas de apoio aducindo “a necesidade de respetar as regras do libre mercado”.
“A Xunta si pode condicionar as axudas á industria conserveira a que empregue mexillón galego”. Para Bieito Lobeira os argumentos do Goberno do PP “non son de recibo, porque néganse a intervir pero para darlle cartos á banca, ás grandes
hidroeléctricas ou mesmo á industria conserveira aí sí que están de acordo”.  “Se o PP se opón á eliminación das barreiras alfandegarias ás conservas asiáticas, por qué non fan o mesmo para o mexillón galego?”, preguntouse o deputado nacionalista.

Neste sentido, lembrou que “a Consellaría do Mar si ten ferramentas legais que pode utilizar para defender aos produtores galegos de mexillón, como vincular as axudas ás conserveiras utilizando como criterio que utilizen mexillón galego; ou que o IGAPE reduza o tempo de percepción e pagamento por parte da industria conserveira aos beteeiros, ou impulsar o Consello Regulador do Mexillón como órgano de referencia en cuestión de prezos”.

Gaiolas de salmón na ría de Arousa

Por outra parte, o deputado do BNG tamén se dirixiu esta tarde á Consellaría do Mar para que informase das xestións da Xunta para que a multinacional  Nordwest Foods retire a gaiola para o cultivo de salmón que ten na ría de Arousa, en concreto no polígono Ribeira C, nas inmediacións da Illa da Rúa. Na súa resposta, o director xerla de Estruturas e Mercados da Pesca da Consellaría do Mar asegurou que a Xunta “ten intención de retirar a gaiola pero tamén temos a obriga de defender os dereitos adquiridos da empresa”.
Neste sentido, recoñeceu que “a día de hoxe estamos negociando coa empresa pero a negociación é moito máis complicada do que esperábamos” para que multinacional retire a gaiola antes de que venza a concesión para cultivo experimental, que remata en agosto de 2011. Sen embargo, o deputado do BNG lembroulle que a empresa “pola información que temos, non ten permiso de actividade, polo tanto está cometendo unha ilegalidade ao encher a gaiola con máis de 50.000 alevíns de salmón, o que fai que este vulnerando os termos da autorización e faría posíbel que a Xunta, se toma a inicativa, obrigue á empresa a retirar a xaula nun prazo breve de tempo”.
No seu turno, o director xeral recoñeceu que “o actual Goberno non lle deu ese permiso de actividade á empresa”, polo que Bieito Lobeira reafirmou “a necesidade de a Xunta actúe para que se retire esa gaiola canto antes”.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical