12.5.10

A Pobra: alegacións completas e resumidas do Psoe ao Plan de Ordenación do Litoral que o goberno municipal ninguneou

(Nota de prensa íntegra do Psoe pobrense)

A Pobra do Caramiñal, 12 de maio de 2010. Despois de padecer o ninguneo do PP no Pleno do pasado martes, día 10, gustaríanos explicar que os socialistas da Pobra presentamos alegacións ó POL, aínda que o voceiro do PP argumentou que os partidos políticos non tiñan dereito a presentar alegacións.

Argumentación fora de lugar, procedente do mal xenio, ou de tratar de impoñer as súas teses. Efectivamente, e en prazo, rexistramos as suxestións unha vez finalizado o Pleno. Aproveitamos tamén para solicitar a “copia das alegacións feitas polo equipo de goberno”, toda vez que van ser pagadas con fondos públicos, cuestión pola cal nos gustaría saber en que medida  defende os intereses dos veciños o goberno municipal, xa que a falta de transparencia e as acusacións de mentir e enganar  foi a constante do Sr. Isaac.

Parece ser, que igual que o fixeran os Parlamentarios autonómicos Mar Barcón e Lage o dío 20 de abril no salón de actos do ISM, nesa reunión anunciaron que pedirían a Xunta que os Concellos que adaptaron o PXOM a normativa actual, non tiveran que introducir modificacións, é dicir que o POL se adaptara ó PXOM. Según contan, esta mesma argumentación a utilizou agora o PP e encontrou nas iniciativas socialistas unha saída á súa equívoca xestión. De tódolos xeitos comprobaremos, se o permiten, se é certo o que manifestan.

   As suxestións presentadas pola voceira Teresa García, son extensas e constan de 33 páxinas, e que a continuación facemos un pequeno resumen:

O Plan de Ordenación do Litoral trata de establecer un novo modelo territorial. Como elementos integradores e de relación de tódolos anteriores prevénse corredores ecolóxicos que discorren aproveitando os cauces dos ríos e regatos.

As proteccións establecidas se traducen en criterios e normas que limitan os crecementos urbanísticos e que regulan os usos que resultan autorizables e os que resultan prohibidos nas distintas áreas protexidas.

Se non se manteñen adecuadamente estes elementos de conexión, mediante a xestión directa desde a administración ou mediante a actividade privada dos propietarios dos terreos afectados incentivados por parte da administración, corremos o risco de ter creado zonas abandonadas, sen uso nin mantemento, que repercutirán negativamente na articulación do territorio e na integración paisaxística do medio.

Non ten sentido aprobar o Plan do Litoral antes de ter definidas e aprobadas as directrices de ordenación do territorio de Galicia, xa que son estas as que deberían establecer o marco de referencia para poder formular con coherencia o POL. A posibilidade de aprobar definitivamente o POL antes que as directrices de ordenación do territorio están a inverter o sentido natural da ordenación territorial.

Os numerosos erros de interpretación da realidade física do territorio existentes no plan, xunto coa inadecuada expresión gráfica e normativa empregada para representar o modelo territorial pretendido, farán que o plan dificilmente sexa aceptado e aplicado polas administracións e polos particulares e organismos afectados

A falta de aceptación que provoca o plan dificilmente serán superada a menos que se introduzan correccións substanciais, de forma e de fondo, no documento inicial. No caso contrario, acabaremos tendo un plan de ordenación do litoral que imporá un modelo territorial para o seu ámbito de actuación fracasado xa antes da súa aprobación.

Outro motivo de rexeitamento do POL, é a falta de “xustificación económica” do espírito proteccionista do modelo proposto. 

É fundamental é importante para os socialistas que os veciños coñezan as notables diferencias agora que goberna Feijóo, que cando gobernaba o bipartito na Xunta, naquel entón o Sr. Isaac convocaba plenos extraordinarios para defender os intereses veciñais (referímonos á seguridade vial da AC-305 ao seu paso polo Campiño, que tanta polémica xerou). Entonces non tiña empacho a convocarnos reunións cos afectados no Concello, traía Delegados, asistíamos a reunións en San Caetano,... unha de actividade política que implicaba a oposición.

Coa actitude que o PP deste concello adoptou co POL, demostra servilismo ao goberno da Xunta e antepón os intereses do seu grupo político aos dos veciños deste Concello.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical