Noia, 12 de maio de 2010. Esta mañá tivo lugar un xuízo en Noia no que un veciño foi condenado a pagar unha multa de catro euros diarios durante 50 días. O xulgado aplicou o artigo 634 do Código Penal a este veciño logo de que o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, o denunciase por chamarlle "terrorista" durante a celebración dun pleno. O artigo 634 do Código Penal establece que os que faltaran ao respecto e consideración debida á autoridade ou aos seus axentes, ou os desobedeceran levemente, cando exerzan as súas funcións, serán castigados con pena de multa de dez a sesenta días.
Ao parecer, o veciño condenado a estes 200 euros (fraccionados en cincuenta días) non empregou avogado para defenderse, nin tan sequera de oficio. Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario