A Pobra do Caramiñal, 4 de xullo de 2012. O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda visitou hoxe o concello de A Pobra, onde acompañado do seu alcalde, Isaac Maceiras, e do director xeral de Administración Local da Xunta, Norberto Uzal, inauguraron a Praza da Treixadura. A reordenación e urbanización desta praza consistiu en mellorar a súa calidade estética e funcional, dotándoa dun parque infantil con diversos xogos e pavimento de caucho, adecuando unha zona pavimentada con lousa de granito e mellorando o alumeado público da praza e da súa proxección sobre as beirarrúas de acceso.Antes, en Certo:
- A Pobra: montan unha web medioambiental pero non informan nin fan nada sobre verteduras no río Morto
- Sinais en Paio: e para todo o rural, pide o Psoe en moción
- Política: Maceiras, o alcalde opaco
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario