Será para o alumnado de 4º de Primaria do CEIP Felipe de Castro
Promoverase o consumo de alimentos saudables, como a froita -pexegos na imaxe- Noia, 6 de abril de 2011. Mañá, xoves 7 de abril, con motivo do Día Mundial da Saúde, impartirase no colexio "Felipe de Castro" un obradoiro onde se falará da importancia dos hábitos saudables, dende a alimentación san, a práctica de actividade física dun xeito regular e a prevención de conductas nocivas como o consumo de drogas. No obradoiro vaise facer unha demostración práctica dos componentes que levan as bebidas industriais (bebidas gaseosas azucaradas) para que os rapaces tomen conciencia e na medida do posible fagan un uso racional das mesmas así coma fomentar o consumo de auga e zumes.
Tamén este martes pasado, día 5 de abril, tivo lugar unha conferencia sobre “o uso correcto dos medicamentos” a cargo do Licenciado en Farmacia Antonio Busto, xa que este ano o lema elexido pola OMS é “Resistencia aos antimicrobianos: Se non actuamos hoxe, non haberá cura mañá”. A OMS alerta de que o problema da resistencia aos antimicrobianos non é novo, pero estase a volver cada vez máis perigoso. Son necesarias actuacións urxentes e unificadas para evitar que regresemos á era preantibiótica. Con motivo do Día Mundial da Saúde 2011, a OMS fai un chamamento á acción para deter a propagación da resistencia aos antimicrobianos mediante a adopción por todos os países de seis medidas de política para loitar contra
a devandita resistencia.
Vivimos nunha era na que dependemos dos antibióticos e doutros antimicrobianos para tratar enfermidades que eran mortais hai algúns decenios, ou só algúns anos, como no caso do VIH/sida. Cando aparece a resistencia aos antimicrobianos (ou farmacorresistencia) estes medicamentos deixan de ser eficaces. No Día Mundial da
Saúde 2011 a OMS vai pedir un maior compromiso mundial para salvagardar estes
medicamentos para as xeracións futuras. A resistencia aos antimicrobianos (o tema do
Día Mundial da Saúde 2011) e a súa propagación mundial poñen en perigo a persistencia da eficacia de moitos medicamentos utilizados hoxe no tratamento das
enfermidades infecciosas. Para o Día Mundial da Saúde 2011 a OMS pedirá aos gobernos e a outras partes interesadas que apliquen as políticas e as prácticas necesarias para previr e contrarrestar a aparición de microorganismos moi resistentes. Antes publicamos:

Continúan as charlas da I Aula da Saúde

A resistencia aos antimicrobianos e a súa propagación mundial.
Vivimos nunha era na que dependemos dos antibióticos e doutros antimicrobianos para tratar enfermidades que eran mortais hai algúns decenios, ou só algúns anos, como no caso do VIH/sida. Cando aparece a resistencia aos antimicrobianos (ou farmacorresistencia) estes medicamentos deixan de ser eficaces. No Día Mundial da
Saúde 2011 a OMS vai pedir un maior compromiso mundial para salvagardar estes
medicamentos para as xeracións futuras. A resistencia aos antimicrobianos (o tema do
Día Mundial da Saúde 2011) e a súa propagación mundial poñen en perigo a persistencia da eficacia de moitos medicamentos utilizados hoxe no tratamento das
enfermidades infecciosas. Para o Día Mundial da Saúde 2011 a OMS pedirá aos gobernos e a outras partes interesadas que apliquen as políticas e as prácticas necesarias para previr e contrarrestar a aparición de microorganismos moi resistentes. Antes publicamos:
I Aula de Saúde: charlas médicas ata maio
Porros, maría, marihuana, cánabo: o 15 de abril, protagonista
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario