6.4.11

Ribeira: nenas e nenos de 8 a 10 anos xa se poden anotar para o curso de preparación de acceso ao Conservatorio

Ribeira, 6 de abril de 2011. O curso de preparación para o ingreso no Conservatorio está dirixido a nenos e nenas de 8 a 10 anos (cumpridos neste ano) e que queiran facer a proba de acceso para facer os estudos oficiais no Conservatorio Profesional de Música de Ribeira no curso 2011/2012. 

Trátase dun curso de carácter gratuíto. Durante cinco semanas, traballaranse os contidos que van integrar a proba de acceso ao 1º curso do Grao Elemental (proba de carácter obrigatorio, e que terá lugar a mediados do mes de xuño). Ademais disto, os nenos e nenas terán o primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten no Conservatorio. Profesores e alumnos impartiranlle nocións básicas de cada instrumento, este contacto pretende axudalos á elección da especialidade que no futuro inmediato queren estudar.

O horario deste cursiño será os venres de 18:00 a 18:45 e contará cun máximo de 25 prazas  que se aceptarán por rigorosa orde de entrega do formulario de inscrición nas oficinas do Conservatorio. O curso comezará o día 29 de abril na Aula 5 do Conservatorio Profesional de Música e rematará o 27 de maio. O prazo de matrícula irá dende o 4 de abril ata cubrir as prazas ofertadas. Para a formalización da matrícula será preciso a presentación do formulario de matriculación nas oficinas do Conservatorio en horario de 9.30 a 14.00h ou de 17.00 a 20.00h.

Durante o mes de maio publicaranse no taboleiro de anuncios do Conservatorio as prazas dispoñibles por especialidades para o curso 2011/2012 e o prazo de matrícula para dita proba de acceso a 1º curso de elemental.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical