29.4.12

Cultura: o Paz-Andrade máis poliédrico, no último Xoves Literario de Ribeira

  •  Xesús Manuel Valcárcel foi o encargado de glosar a figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas

 

Ribeira, 29 de abril de 2012.- Satisfacción na Concellería de Educación ante o resultado colleitado pola iniciativa Xoves Literarios que se estreou este ano, no marco da programación do Abril Mes dos Libros do Concello.

 

Para poñer fin a este ciclo de charlas literarias, o escritor Xesús Manuel Valcárcel disertou sobre a figura multifacética de Valentín Paz-Andrade, o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas. O relator fixo partícipe ao público congregado no Conservatorio da intensa actividade despregada por Paz-Andrade nos campos empresarial, intelectual, político e literario e a súa contribución ao progreso de Galicia

 

A disertación de Valcárcel estivo acompañada por unha proxección foto-biográfica con interesante material sobre o homenaxeado, que incluíu unha curiosa fotografía na que Paz-Andrade posa en xesto de amizade cun xoven Carlos García Bayón.

 

A responsable municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín, fora a encargada de presentar ao conferenciante (fundador de Sentimentalismo, Vangarda Artística Galega), mentres que a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya, pechou o evento agradecendo ao público congregado -nesta e nas outras dúas conferencias de que constou a iniciativa- a súa sensibilidade para coa temática literaria que se quixo poñer en valor a través deste ciclo.







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical