Ademais de residuos plásticos, latas e envases tamén se quitaron distintas artes de pesca esquecidas, especialmente perigosas pola súa capacidade de atrapar fauna de forma indiscriminada
Vionta é unha das illas que pertence ao Parque Nacional Marítimo Terreste das Illas Atlánticas
Un grupo de persoas percorreu toda a illa nunha xornada de traballo, retirando de forma manual e con precaución de non afectar á sensible vexetación das dunas
Ribeira, 29 de abril de 2012.- A Xunta de Galicia, a través do persoal do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, vén de excutar na illa de Vionta, en Ribeira, unha operación de limpeza, que concluíu coa retirada de preto de 4.000 kilos de lixo. En total retirásonse 50 sacos (dun media de 75 litros) entre o que se recolleron residuos plásticos, como envases e botellas de auga. Tamén se quitaron artes de pesca abandoadas, que constitúen un elemento moi perigoso pola súa capacidade de atrapar fauna de maneira indiscriminada.
Esta operación levouse a cabo antes do comezo da tempada de cría das aves mariñas e, en total, para evitar calquera afección a este proceso reproductor ao tempo que se elimana perigos para os animais. Así, un grupo de persoas percorreron a totalidade da illa para retirar de forma manual e con precaución de no afectar á sensible vexetación das dunas os residuos presentes.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas lembrar a necesidade e importancia de comportarse de forma responsable co medio ambiente, evitando deixar restos de lixo nas saídas ao aire libre e reducindo ao mínimo posible os residuos que xeremos, reempregando e reciclando.
Así mesmo, é importante recordar a aquelas institucións responsables da limpeza de praias a necesidade de facer estas operacións de forma coidadosa, polo que debe priorizarse a limpeza manual sobre a mecánica e evitar a retirada de restos orgánicos de orixe natural, que son fonte de alimento de moitas especies. Tamén debe evitarse limpar naqueles lugares e épocas en que nidifiquen especies sensibles.
Nesta paraxe, ao igual que noutros areais do Parque Nacional, tende a acumularse lixo de moi distinto tipo, pero, sobre todo, restos plásticos, traídos polo mar e o vento. A acumulación de lixo supón un importante problema para os ecosistemas mariños en xeral, e para o Parque Nacional en particular, posto que os plásticos teñen unha vida longuísima na natureza, tardando en degradarse centos de anos, ademais son causa de moitos problemas ambientais, xa que se enganchan nas extremidades das aves ou dos cetáceos, ou son consumidas por distintos animais, provocando importantes lesións ou incluso a morte. Supoñen tamén unha fonte de contaminación química para os hábitats nos que se acumulan, permanecendo neles a longo prazo.
Características da illa
A illa de Vionta forma parte do archipélago de Sálvora, no concello de Ribeira, incluído no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, trátase dunha pequena illa dunhas 12 hectáreas (preto de 24 campos de fútbol) de forma alargada e de relevo baixo, é un espazo cun carácter moi singular, pois está formado, case exclusivamente, por area, que conforma unha duna interior e praias en todo o seu perímetro.
Este lugar é unha zona de reserva integral dentro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, ten un gran valor ecolóxico por acoller unha importante colonia de cría de aves mariñas e pola vexetación que cobre a súa duna interior, que entre outras especies inclúe á xesta de Ons (Cytisus insularis), un endemismo do Parque Nacional. Tanto as colonias de cría de aves mariñas como a flora dunar son especialmente sensibles á presenza humana, motivo polo que se declarou reserva integral, o que impide calquera acceso a ela, excepto por motivos xustificados de investigación ou conservación.
DESCARGATE YA TOTALMENTE GRATIS NUESTRO PRIMER CD EN 4shared.com/rar/ocLuEdAJ/T…
— INLLORFEIS PUNK (@INLLORFEIS) April 19, 2012
Rúa Cervantes rematada en Ribeira [pic] ff.im/Vysqx
— Certo (@Certo) April 29, 2012
Cultura: bases do certame internacional de novela curta "Concello de Ribeira" post.ly/73hfk
— Certo (@Certo) April 29, 2012
Cultura: o Paz-Andrade máis poliédrico, no último Xoves Literario de Ribeira post.ly/73eyz
— Certo (@Certo) April 29, 2012
Ribeira: mercarán un vehículo con fins sociais e axilizarán microcréditos para pequenos emprendedores post.ly/73enj
— Certo (@Certo) April 29, 2012
Ribeira: o Bng alerta sobre a necesidade de depuradora para o polígono de Xarás post.ly/73dF4
— Certo (@Certo) April 29, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario