29.4.12

Cultura: poetas e músicos déronlle "Vitaminas para o galego" nun festival en Compostela

Barbanza e Noia, 29 de abril de 2012. "Sabemos tirar os penaltis e non facemos como o Barça e o Madrid" afirmaron os de Terbutalina no festival de Vitaminas para o galego que se celebrou na noite do pasado venres na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Ademáis do enerxético "gastro punk" dos de Muros, a xornalista Xiana Arias coordenou con palabras fermosas e precisas un acto no que se deron cita xornalistas, músicos e a vangarda da intelectualidade compostelán.

O recitado vibrante do rianxeiro Gonzalo Hermo, da vivariense Olalla Cociña e da luguesa Alicia Fernández abriu o lume dun acto no que Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta) deu leitura ao manifesto que "Vitaminas para o galego" lanza para o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras. No texto faise fincapé na necesidade de medios de comunicación que empreguen o idioma galego se se quere garantir a continuidade e a transmisión interxeneracional da lingua, a contribución máis importante de Galicia á construción da humanidade". Por iso afirman que queren "reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común".Os 26 medios que participan das "Vitaminas" afirman que "Galicia quere información de proximidade en galego, mass media que no século XXI difundan e prestixien o idioma, altofalantes que ensinen a nosa visión do mundo, peten nas conciencias e fagan visible a sensibilidade e a creatividade existente na sociedade galega".

Vídeos do Festival. Pedimos disculpas polo son dalgúns, pois os aparellos acopláronse:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical