29.4.12

Cultura: un exemplo de divulgación do Patrimonio na Mariña de Lugo para todo o país

  • As asociacións Mariña Patrimonio e "A Pomba do Arco" organizaron o sábado 28 de abril un roteiro polos castros de Foz
  • Acudiron persoas de todas as idades nun microbús
  • Entre os especialistas estaban, ademais de Manuel Miranda de Mariña Patrimonio, os autores de "Herdeiros pola forza", o arqueólogo Xurxo Ayán e o xornalista e divulgador Manuel Gago


Foz, 29 de abril de 2012. Unha actividade cultural de balde e polos cantís da costa luguesa, con especialistas explicando as nosas orixes e os castros: como resistirse? Alá que fomos, con dous nenos de oito anos que non pararon de xogar e facer novos amigos durante o percorrido.


Na imaxe, a punto de subir ao bus, Xurxo Ayán, Manuel Gago, Antón Lado, Xurxo Mariño e Soledad Felloza


Ao fondo, na parede da igrexa, "Rente ao mar ese camiño", mural co verso de Celso Emilio Ferreiro




O primeiro destino foi o castro do Carreiro, non recoñecido por Patrimonio, da Xunta. Nas imaxes, Antonio Miranda, de Mariña Patrimonio explica a ubicación clarísima do castro, incluso comparando na ortofoto do famoso voo americano do 1957-1959. Segundo esta asociación, trátase dun castro interesantísimo, dos maiores da Mariña luguesa, con seis hectáreas, e cunha mina de ferro da que se descubriron galerías xa hai uns anos. Teñen toda a información sobre este xacemento aquí.




Na imaxe superior, Miranda amosa unha pedra con material de ferro atopada ao pé da mina, unha de cuxas bocas se observa na foto seguinte


Os cantís da costa focega están tapizados coa invasora sudafricana unlla de gato (carpobrotus edulis), agora en plena floración e unha tentación constante para calquera que leve unha cámara. Na imaxe, Soledad Felloza, contacontos, actriz e fotógrafa




Ao longo de todo o percorrido, Manuel Miranda foi explicando as partes do castro do Carreiro e mesmo amosando materiais cerámicos, escouras de ferro e outras pezas que se atopan alí





O punto onde se desatou a maior indignación dos que alí nos achegamos foi no lugar no que se atopa a simple vista un muíño "castrexo" de granito esquecido nun dos muros dunha choupana das varias que se aprezan por fóra dos novísimos muros do paseo marítimo que sen ningún rubor fixo Costas enriba de todo o xacemento, en tempos do agora defenestrado Jaume Matas. "Non hai peor cego que o que non quere ver", foi o refrán máis manoseado nese intre, xa que é inconcebible que "expertos" de Patrimonio da Xunta viñeran ata aquí e non se decatasen nos seus mesmos fuciños que todo isto é un castro. Logo de que saia en "prensa tradicional", os de Mariña Patrimonio supoñen que o muíño que sae nestas imaxes será expoliado e pasará "a facer bonito nun chalé, como tantas pedras do noso patrimonio máis antigo". 


No pequeno -en comparanza co do Carreiro- castro de Llas atopouse un torques semellante ao de Burela, pero máis pequeno. Ao fondo poden observar unha casa chantada enriba do xacemento.

Media_httpfarm9static_kffii

Media_httpfarm8static_idfvm



Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e tamén integrante de Mariña Patrimonio, fíxolle varias preguntas a Xurxo Ayán para provocalo
[[posterous-content:JobFqsmBpejFDAiaqjzc]]
[[posterous-content:ErIcGtDDptFFqDdkysnq]]
Xurxo Ayán lanzou no castro de Fazouro unha "chapísima" como el mesmo dixo, sobre a chamada cultura castrexa. Poden escoitala e mirala no seguinte vídeo: é imprescindible para estar á última sobre esta parte da nosa historia, pois Ayán fixo a súa tese doutoral -Suma Cum Laude- sobre este complexo asunto.


[[posterous-content:vBpjHfeJlpifJgdBrmAw]]
A costa da parroquia de Fazouro tamén está chea de carpobrotus edulis
[[posterous-content:EotxnpJiJDdEyCChsdeG]]
Xa en Nois, no castriño que alí hai, os nenos foron agarimar a un cabalo que pastaba

[[posterous-content:mqrDFyreemsqkyearrGx]]
Ao percorrido, ademais do microbús que ía cheo, sumáronse particulares en turismos

[[posterous-content:sqgJcGgezBbfEDGpAvBH]]

O roteiro polo patrimonio pétreo de Foz rematou na zona chamada do Bispo Santo, onde se conserva unha capela adicada ao bispo San Gonzalo (que en realidade non é santo). Nela contouse a lenda da invasión viquinga de Foz que foi combatida polos rezos daquel bispo. Agora é unha das festas principais de Foz, con acampada incluída. No lugar suponse que había cultos á auga que foron cristianados e convenientemente aproveitados polos poderes eclesiásticos para o seu peto. Tamén preto había una Fonte dos Mouros e, na parte superior, nun lugar chamado Pico da Lebre, o especialista Manuel Gago aclarou que se pode observar a estrutura dun castelo-mirador altomedieval. 

[[posterous-content:owbEuvrzwkCwshaxpfqb]]

A viaxe rematou coa volta á casa de cultura de Foz, onde se presentou o libro "Herdeiros pola forza", de Xurxo Ayán e Manuel Gago. Nel analízase a relación -ás veces patética, outras deprimente e as máis das veces incómoda- entre os galegos, os seus gobernantes e o patrimonio que fica neste país.

Poden ollar os discursos de Gago e Ayán na presentación do libro nestes vídeos:








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical