- Para Noia piden que se cambie o destino dos cartos que ían para retirar a escolleira e se adiquen a estudos para rexenerar o esteiro do interior da ría noiesa, para facelo navegable e aproveitable para o marisqueo
- Para Muros solicitan que se rehabilite o vello cine París e se recupere a praia de Parameán en Esteiro
Muros-Noia, 29 de abril de 2012. Das 177 emendas formuladas polo BNG aos Orzamentos Xerais do Estado para o presente ano 2012, tres delas versan sobre cuestións desta bisbarra. Trátase de actuacións que lle afecta aos Concellos de Muros e Noia. No relativo ao Concello de Noia, os deputados nacionalistas en Madrid defenderán unha emenda destinada á Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, do Ministerio de Agricultura, mediante a cal solicítase da citada Dirección Xeral o abandono do proxecto de demolición da escollera de acceso ao Peirao do Marqués, cambiando a finalidade orzamentaria do mesmo, a fin de destinala á elaboración dos estudos que permitan unha verdadeira rexeneración do esteiro interior da ría que nos conduza de xeito paulatino á posibilidade da retirada dos fangos e limos que colmatan o esteiro desde hai décadas. O obxectivo desta pretensión non é outro que o da recuperación da navegabilidade pola mencionada contorna, e ao mesmo tempo que se recuperen espazos produtivos marisqueiros, hoxe improdutivos polo efecto do aterramento da ría. A contía que se solicita engadir aos orzamentos deste ano é de un millón de euros.
No caso de Muros as emendas fan mención a partidas correspondentes ao Ministerio de Cultura e ao de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A primeira delas, a que corresponde ao Ministerio de Cultura, vai dirixida á rehabilitación do Cine Paris. O citado inmoble foi mercado na pasada lexislatura con fondos que proviñan do propio Ministerio e tamén da Deputación de A Coruña. O Cine París é un inmoble situado na fachada marítima do casco histórico muradán e data da década dos anos 40 do pasado século. Constitúe unha mostra de arquitectura ecléctica e a contía que se demanda do Ministerio para a súa recuperación é de 500.000 euros. A segunda emenda que lle afecta ao Concello de Muros, vai dirixida ás partidas do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Concretamente trátase de inserir nas mesmas unha consignación orzamentaria por importe de un millón de euros para destinar á recuperación ambiental da praia de Parameán, na parroquia de Esteiro do Concello de Muros.
Noia: Chelo Rodríguez colgou "Entre recunchos e xogos" no Liceo durante marzo e abril post.ly/73oIO
— Certo (@Certo) April 29, 2012
Noia: o XI Concurso de relatos de aventuras “Antón Avilés de Taramancos” gañouno o vigués Xosé Alfredo Naz post.ly/72iC1
— Certo (@Certo) April 28, 2012
Noia: O Retruke engaiola a grandes e pequenos co ambiente lúdico do circo post.ly/72kRL
— Certo (@Certo) April 28, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario