- José Juan Durán visitou o municipio e informou de que xa está contratada a redacción do proxecto que dará resposta ás necesidades do sector profesional
- O ente público encargará, ademais, un estudo dos posibles beneficios para os bancos marisqueiros da apertura de canles entre o peirao comercial e a praia de Raposiños
A Pobra, 7 de outubro de 2011.- Portos de Galicia executará melloras nas instalacións do sector profesional do porto da Pobra do Caramiñal e desenvolverá estudios para favorecer a actividade pesqueira e mariñeira na zona. Así o anunciou onte o novo presidente do ente público, José Juan Durán, que substitúe a Álvarez-Campana, nunha visita ao municipio. Durán informou de que o seu departamento xa ten contratada a redacción do proxecto de mellora da lonxa da localidade e o seu entorno. Deste xeito o organismo portuario pretende dar resposta ás necesidades do sector profesional pobrense, trasladadas polos representantes do Concello, a confraría e o colectivo de mexilloeiros, nunha recente reunión co presidente do ente en Santiago. Asemade, Portos de Galicia continuará a avanzar na tramitación da petición de apertura de canles para as correntes entre o peirao comercial e a praia de Raposiños. O ente público elaborara xa un estudio técnico da obra e agora encargará un estudio de biolóxico e ambiental para coñecer os posibles beneficios desta actuación para os bancos marisqueiros existentes na zona. Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario