- As obras leváronse a cabo a través do Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico
- Os labores incluíron a dotación dunha rede de colectores de saneamento para recoller as augas residuais da parte baixa do núcleo de Beneso
Porto do Son, 14 de febreiro de 2013.- A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, asinaron esta mañá o documento de conformidade para a concesión da subvención destinada á execución de diversos traballos de recuperación medioambiental e mellora do entorno. O Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, financiou integramente esta actuación cunha achega de 101.657 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico.
Acompañada polo rexedor, a máxima representante do Executivo autonómico na provincia supervisou o resultados das actuacións levadas a cabo con estes fondos. Por unha banda, o proxecto consistiu na construción dunha rede de saneamento na parte baixa do núcleo de Beneso para recoller as augas residuais das vivendas a través das correspondentes acometidas. A intervención neste punto serviu para completar a función do colector xeral, permitindo frear a degradación ambiental na zona e aumentando, en consecuencia, a calidade de vida dos habitantes desta zona.
Nove municipios do Barbanza benefícianse destas axudas
Na súa visita á localidade, Do Campo recordou que este é o terceiro ano consecutivo no que nove concellos da comarca do Barbanza (A Pobra, Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Outes, Porto do Son e Rianxo) optan ás subvencións en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, ao atoparse o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estes municipios suman un total de 363 aeroxeradores dentro dos seus límites, mentres que cinco deles dispoñen de ata 53.010 metros de liñas de conexión, polos que recibirán 680.860 euros.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario