Barbanza, 14 de febreiro de 2013. O tren poético Slam Arousa atraca en Cambados este domingo de Piñata. Será ás 19.30, no Pub-Brothers, onde se decidirá o novo finalista que se xuntará con Ramón Blanco, Celia Parra, Pedro Campos e Silvia Penas para recitar na illa de Arousa no mes de marzo. Pero slam.arousa ten máis novidades este mes: o venres 22 vaise instalar de novo en Rianxo para unha xornada máis quente do normal. Trátase dun slam.erótico organizado en colaboración co Concello de Rianxo, enmarcado dentro do programa cultural Ferveiro Amarzo, de poesía erótica. O gañador deste slam particular será tamén finalista de slam.arousa, na Illa de Arousa.
Hai que lembrar que o gañador de Slam Arousa competirá na final estatal, en Madrid, con viaxe subvencionada.Pode que tamén lle interese:
Hai que lembrar que o gañador de Slam Arousa competirá na final estatal, en Madrid, con viaxe subvencionada.Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario