- Enmarcada no macro-proxecto Riveira Atlántica 2015, a redacción da actuación conta cun orzamento total de 147.620 euros
- Establécese un período máximo de 30 semanas para a súa execución desde a sinatura do contrato
- O proxecto Riveira Atlántica 2015, cofinanciado nun 70% con Fondos FEDER da Unión Europea, ten por obxecto fundamental facer do concello riveirense un referente turístico de Galicia en base a criterios de rendibilidade e sustentabilidade
Ribeira, 14 de febreiro de 2013. Hoxe abre o prazo para a contratación dos servizos de “Redacción dun plan de mobilidade urbana sostible do municipio de Ribeira”, cofinanciado nun 70% con Fondos FEDER da Unión Europea, dentro do eixo 5 de “Desenvolvemento sostible rural e urbano”. Encadrada no proxecto paraugas Riveira Atlántica 2015, conta cun orzamento total de licitación de 147.620 euros.
O prazo de execución marca un máximo de 30 semanas para a redacción do estudio contadas desde a firma do contrato. O procedemento é aberto e de tramitación ordinaria, con multiplicidade de criterios de adxudicación. O 28 de febreiro de 2013, xoves, é a data límite para achegar as ofertas.
Mellorar a mobilidade e seguridade viaria
A mobilidade sustentable tense convertido nunha preocupación compartida pola maioría de cidades europeas, que pretenden sensibilizar á poboación sobre a importancia que supón a adopción de medidas que respondan ao desafío que entraña o desenvolvemento urbano. O Concello de Riveira non é alleo a este contexto e marcouse como prioridade un uso coordinado e adecuado dos distintos medios de transporte para procurar unha cidade máis accesible e segura e na que a mobilidade supoña un menor impacto ambiental . Isto materializarase de distintos xeitos:
- Integrando as políticas de desenvolvemento urbano e sostible con políticas de mobilidade, de modo que se propicie a accesibilidade dos cidadáns ás súas actividades con menor impacto ambiental e de xeito máis seguro.
- Reducindo a contaminación atmosférica e acústica e o consumo de enerxías non renovables.
- Mellorando a accesibilidade en xeral e, en particular, reducindo a necesidade de mobilidade mediante o vehículo privado, favorecendo as condicións que propicien e prioricen á mobilidade en transporte público colectivo e de modos non motorizados.
- Desenvolvendo e mellorando a oferta dos diferentes modos de transporte público e formulando propostas que contribúan á mellora de seguridade viaria.
- Fomentando a mobilidade a pé e en bicicleta mediante a construción ou reserva de espazos e a supresión de barreiras arquitectónicas ao peón e a bicicleta, nun entorno axeitado, seguro e agradable para os usuarios.
- Xestionando a mobilidade en aspectos relativos a grandes centros de atracción de tráfico, como o porto ou a área industrial.
Catro fases de traballo
O PMUS será elaborado a través de catro fases de traballo, consistentes na recollida de información básica e análise, nunha segunda fase de diagnose, nunha terceira de definición do marco operativo de toma de decisións e, por último, na redacción do documento final.
O Concello será o encargado da dirección técnica do PMUS, constituíndo unha Comisión Municipal presidida polo alcalde (ou concelleiro en quen delegue) e formada ademais polos edís de Urbanismo e Seguridade Cidadá, a enxeñeira municipal, o técnico de medio ambiente, un aparellador do Departamento de Urbanismo, un representante da Policía Local e persoal responsable do Plan de Comunicación do PMUS.
Valorizar os atributos turísticos de Ribeira, puntal para o crecemento socio-económico
O propósito xeral deste proxecto de longo percorrido, Riveira Atlántica 2015, é a transformación do Concello nun destino turístico de primeira orde baseado nos seus propios recursos naturais, patrimoniais e industriais. O desenvolvemento integral do proxecto contribuirá de forma directa ao crecemento do emprego e á diversificación da actividade económica, partindo da rexeneración de dúas unidades paisaxísticas con identidade diferenciada: a dinámica fluvial propia da área litoral interior da contorna rural e a dinámica marítima do espazo urbano.
Os principais obxectivos estratéxicos céntranse na promoción económica, na creación de emprego e oportunidades comerciais a través da diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos locais, na calidade ambiental e a protección da contorna natural e o patrimonio cultural, fomentando ao mesmo tempo a Sociedade da Información e universalización do acceso ás TIC, facendo fincapé na conciliación familiar e a cohesión social.
Ribeira: este venres 15, conferencia sobre "Os nomes do mar", por Xosé Lois Vilar post.ly/ACAZw
— Certo (@Certo) February 13, 2013
Música: es músico tradicional? gaiteiro? zanfoneiro? Participa na ALBORADA PARA ROSALÍA! culturagalega.org/noticia.php?id… Será o domingo 24 pola mañá!
— Certo (@Certo) February 13, 2013
Ribeira: este domingo 17 de febreiro, I Carreira de San Alberte post.ly/ACJPq
— Certo (@Certo) February 14, 2013
Ribeira: trinta postos na primeira Feira de Inverno do Pequeno Comercio no Malecón do 15 ao 17 de febreiro post.ly/ACBJK
— Certo (@Certo) February 13, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario