14.2.13

Ribeira: comezou a instalación de saneamento en Lombas, Palmeira

COMEZARON AS OBRAS DE INSTALACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO E AUGA NO LUGAR DE LOMBAS, NA PARROQUIA DE PALMEIRA

 

Santa Uxía de Riveira, 14 de marzo de 2013- O Concello de Riveira informa do comezo das obras de instalación de rede de saneamento e auga no lugar de Lombas, na parroquia de Palmeira, moi preto de onde está situada a subestación eléctrica de Fenosa.

 

A actuación está sendo acometida pola empresa Río Sieira, S.L., e supón un investimento de de 118.916,23 euros, IVE incluído. O seu prazo de execución é de tres meses.

 

A zona obxecto da obra non dispuña ata o momento de servizos urbanísticos básicos de alcantarillado e auga potable. De aí o interese do Goberno Municipal de Riveira en executar esta acción, que comprende os seguintes apartados:

 

  • Abastecemento: unha vez realizadas as escavacións en zanxa, instalaranse dúas tuberías de auga potable de polietileno de 75 milímetros de diámetro no camiño de Lombas, e outra de polietileno de 50 milímetros nun ramal existente. A rede será completada coa colocación de válvulas comporta, ventosa e de baleirado, coas súas correspondentes arquetas de rexistro.

 

  • Saneamento: tras efectuar as escavacións en zanxa, instalarase unha tubería de PVC de 315 milímetros e outra de 250 milímetros de diámetro. Construiranse 9 pozos de rexistro, dispostos cada 30 ou 35 metros aproximadamente.
  • Pavimentación: unha vez finalizadas as instalacións citadas, procederase á reposición do pavimento asfáltico.

A actuación está enmarcada no canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.

Tamén, en Palmeira:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical