- No proxecto piloto participan 43 escolares de Sexto de Primaria
Herminia Dios, Aroa Fernández e Dolores Crujeiras
Ribeira, 4 de decembro de 2012.- A concelleira de Igualdade e Xuventude do Concello, Aroa Fernández Cadórniga, informou no día hoxe da posta en marcha dun proxecto piloto consistente na implantación dun banco de tempo escolar que sirve para inculcar os beneficios e valores inherentes a este servizo de intercambio entre rapaces do municipio.
A iniciativa púxose en marcha en colaboración co CEIP O Grupo, e nela están a participar 43 rapaces de sexto de Primaria, con idades de once e doce anos. O banco arrancou o pasado 5 de outubro e xa se levan celebradas catro sesións de 50 minutos cada unha, quedando outras tres para a finalización do proxecto.
Segundo informou a axente de tempo encargada do banco, Herminia Dios, producíronse ata o momento doce intercambios individuais (un alumno intercambia unha habilidade ou coñecemento con outro) e outros cinco grupais (son varios os rapaces que interactúan transmitindo ou recibindo habilidades ou coñecementos).
En canto ao tipo de intercambios realizados ata o momento, figuran dende o aprendizaxe do xadrez ata tocar o piano, pasando polo baloncesto, a informática, o debuxo ou a confección de pulseiras.
Os resultados da experiencia están a ser positivos, pois se erixe nunha ferramenta moi útil, versátil e innovadora para poder interiorizar entre os cativos valores como a reciprocidade, a confianza e a axuda mutua. Ademais, os datos son moi alentadores en canto á planificación de futuras intervencións empregando unha metodoloxía máis participativa e interactiva.
Pola súa parte, a directora do CIM, Dolores Crujeiras, destacou a idoneidade da iniciativa como base para a futura implicación dos pequenos no banco de tempo adulto.
Relacionada:
Día 6, XXV TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO twitter.com/BeganoSA/statu…
— Begano (Coca-Cola) (@BeganoSA) December 4, 2012
Ribeira: este domingo, 9 de decembro, "O Señor das Dunas" post.ly/9v5lU
— Certo (@Certo) December 4, 2012
Yo no celebro la Constitución Española. No la voté (estaba en Buenos Aires) y soy enemigo ideológico de la monarquía. Espero a la República.
— Xavier Alcalá (@xavier_alcala) December 4, 2012
O BNG comeza a apostar polo "modelo facebook ou twitter" dlvr.it/2ZpjJ5
— Galicia Confidencial (@Gconfidencial) December 4, 2012
Es necesario que tus hijos aprendan de Wert para que luego acepten trabajar para Díaz Ferrán
— Armando el pollo (@Arma_pollo) December 4, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario