- O Concello tamén informou dos 77.000 euros que se están a investir na rede de saneamento, auga potable e pluviais na Revolta, na parroquia de Castiñeiras
Zona de Reiriz na que se vai actuar
Ribeira, 5 de decembro de 2012.- A xunta de goberno local do Concello adxudicou á empresa C. Aldasa, S.L.U., a actuación consistente na instalación de saneamento e pluviais nos lugares de Olveira de Arriba e Reiriz, ambos situados na parroquia de Olveira. Houbera 68 ofertas presentadas á licitación. A actuación foi adxudicada por un prezo final de 281.747,34 euros e un prazo de execución de 61 naturais. A día de hoxe, os dous núcleos citados carecen de rede de saneamento e pluviais, existindo unicamente algún tramo de cuneta destinado a canalizar as augas superficiais.
Zona de Olveira de Arriba
Técnicos municipais elaboraron un proxecto co obxectivo de instalar unha rede de saneamento que ofreza servizo aos veciños de ambas zonas, e que consistirá na colocación de dúas tubaxes (unha de 1.119 metros e outra de 164) de PVC compacto, dispoñéndose 43 pozos a 1,70 metros de profundidade e outros 13 a 2,90 metros. A través dos colectores indicados conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo no que se instalarán dúas bombas somerxidas. Dende aí, as augas impulsaranse a través dunha tubaxe de polietileno de alta densidade ata a súa conexión á rede xeral.
Tamén se prevé a instalación dunha rede de pluviais a través de dúas tubaxes de 371 e 177 metros de PVC corrugado. Disporanse 26 pozos a 1,70 metros de profundidade, 17 arquetas sumidouro e unha canaleta con reixa de 37 metros.
Pavimentación
No que se refire á pavimentación, se empregarán diversos materiais en función da zona. Así, no núcleo de Olveira de Arriba e nunha parte do núcleo de Reiriz se colocará adoquín rústico de dimensións 20x10x6 centímetros; mentres que en diversos ramais de Reiriz se pavimentará con formigón armado. A actuación está adscrita ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.
Saneamento na Revolta, en Castiñeiras
O Concello informa da adxudicación dunha nova actuación dirixida á instalación de rede de auga potable, saneamento e pluviais en A Revolta, lugar situado na parroquia de Castiñeiras. A empresa Excavaciones Nima, S.L., será a encargada de executar a obra, que ten un importe de 76.856,92 euros. O prazo de execución de 3 meses.
Actualmente na zona obxecto de actuación non existen servizos de auga potable, saneamento e pluviais. Co obxecto de subsanar esta carencia, o Concello dispuxo unha actuación que inclúe, no que respecta ao abastecemento de auga potable, a colocación de 300 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade, cun diámetro de 75 milímetro. Polo que respecta ao saneamento, instalaranse 226 metros de PVC compacto de 315 milímetros de diámetro e 49 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros.
En canto a pluviais, empregarase unha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e 115 metros de lonxitude. Instalaranse 8 arquetas sumidoiro e cinco pozos de rexistro. Todas as canalizacións irán soterradas en gabia. O pavimento afectado será reposto cunha mestura bituminosa tipo D-12.
A actuación adscríbese ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.
Pode que tamén lle interese:
- Ribeira: este domingo 9, "O Señor das Dunas"
- Ribeira: Altofalante renova a súa directiva o sábado 15
- Ribeira: un banco de tempo infantil en "O Grupo"
- Ribeira: ata o 28 de decembro, obras da IX Bienal do Eixo Atlántico
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario