Rianxo, 4 de maio de 2012. Bailadores, bailadoras, músicos, amigos/as da festa, do baile e da música tradicional, da boa comida... Amigos/as de Vai de Roda e deste Serán, ide preparándovos: o 26 de maio xa está ao caer. Ese é o día do VII Serán Mar de Rianxo. A cita será das oito da tarde en diante no Campo de Arriba de Rianxo.
Comezará ás 8 co SERANCIÑO, para que os máis novos/as, toquen, canten, bailen e monten festa da boa, como eles/as saben. E ás dez empezarán a subir ao escenario os máis grandes, para que a festa non pare.
Os grupos que queiran actuar no VII Serán Mar de Rianxo (Seranciño ou Serán) pódense anotar mandando un correo ao enderezo: vaiderodarianxo@gmail.comPode que tamén lle interese:Recital o 25 de maio: O Cadro Artístico Airiños vai realizar un RECITAL "AO SON DAS LETRAS VIVAS" o próximo venres 25 de maio, ás 21.00 h, no que fará un macro-recital de autores vivos con música de compositores vivos, e para iso animan aos rianxeiros/as a participar. Se estás interesado/a escolle un autor vivo e un texto e ponte en contacto co Cadro Artístico Airiños.
- Rianxo: música e cinema para estes días
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario