4.5.12

Noia: o pleno apoia por unanimidade e por lóxica a nova demarcación xudicial ao consider a vila como centro xeográfico


Os xulgados de Noia, con adobíos da Feira Medieval que se celebra na localidade

Noia, 4 de maio de 2012. Esta mañá celebrouse unha reunión extraordinaria urxente da Xunta de Voceiros para tratar a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre a nova demarcación xudicial. A reunión estivo presidida polo alcalde Rafael García Guerrero, estiveron presentes Antonio Pérez Ínsua, voceiro do PP; Bernabé Piñeiro Santos, voceiro do PSdeG-PSOE; Xosé Bieito González Domínguez, voceiro do BNG; e Mónica González Eiras, voceira do NOIA.

Os catro grupos municipais do Concello de Noia acordaron por unanimidade apoiar a proposta de Noia como cabeceira do novo Partido Xudicial recollido no informe do Consello Xeral do Poder Xudicial. Segundo se explica no xornal municipal do Concello de Noia, "os partidos políticos noieses non pretenden unha “guerra” de localismos con outras vilas, nin politizar o tema, pero coinciden en que en caso de reordenación de partidos xudiciais o centro xeográfico é Noia, e que polo tanto a cabeceira debe ser Noia".

Os voceiros dos grupos municipais consideran que a designación de Noia como cabeceira do novo Partido Xudicial sería "a solución menos prexudicial para todos os veciños e veciñas, xa que de todas as localizacións posibles é a que tería un menor desprazamento global por ser o centro xeográfico, ademais é o único punto que cumpre co criterio técnico de ter todos os núcleos de poboación a menos dunha hora de desprazamento ata a cabeceira".

Os grupos municipais no Concello de Noia do PP, do PSdeG-PSOE, BNG e NOIA manifestan "vontade de actuar unidos e colaborar nun tema de tanta importancia".

Onte publicamos:


Ribeira: iranse os xulgados para Noia?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical