Construirase no horizonte do 2012-2015, segundo a Xunta de Galicia. O parque empresarial do Barbanza (entre Pobra e Ribeira) está paralizado "por estar situado en zona de especial protección forestal", di o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo
Porto do Son, 19 de novembro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Manuel Lage Tuñas interviu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento para preguntar pola situación na que se atopa o proxecto de construcción dun polígono industrial en Porto do Son. O deputado do PSdeG-PSOE aproveitou a ocasión para manifestar o seu malestar “polo abandono do Barbanza, en materia de solo empresarial, por parte do goberno galego”
Na comisión parlamentaria e respecto ao macropolígono industrial do Barbanza, Lage Tuñas considerou “decepcionante a falta de decisións do goberno de Feijóo para darlle un impulso ao polígono do Barbanza (sito entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal), xa que dende comezos do ano 2009 non se fixo absolutamente nada”.
O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Manuel Lage Tuñas preguntoulle hoxe ao director xeral de Vivenda e Solo Empresarial polas previsións do goberno galego para a execución do polígono industrial de Porto do Son e tamén denunciou a paralización do macropolígono empresarial do Barbanza dende a chegada de Núñez Feijóo á Presidencia da Xunta.
O director xeral do IGVS confirmou que o comezo das obras de execución do parque empresarial de Porto do Son se abordaría entre os anos 2012 e 2015, “confirmando así o que xa tiñamos denunciado os socialistas galegos, e que suporá unha vez máis retrasos neste proxecto longamengte reivindicado pola Asociación de Empresarios e Empresarias de Porto do Son e polo Goberno Municipal”.
O goberno galego, confirmou hoxe a través do director xeral do IGVS, que o parque empresarial terá unha superficie de menos de 30.000 metros cuadrados. O director xeral dixo concretamente que “é unha cifra orientativa”, e replicado polo deputado socialista, volveu a confirmar a cifra.
Lage Tuñas dixo que “a resposta do director xeral confirma o que xa sabíamos, que se resume en que Porto do Son terá que seguir esperando esta ansiada infraestrutura para a instalación e ubicación de empresas”.
"Fume, moito fume"
Lage recordou na súa intervención que o concello de Porto do Son "leva anos agardando por unha resposta da Xunta de Galicia sobre o posible desenvolvemento dun polígono industrial neste termo municipal. Asegura que a reivindicación permanente por parte da Asociación de Empresarios e do Goberno municipal ten atopado atrancos que teñen imposibilitado nos últimos dez anos a consecución do citado complexo empresarial". Lembrou que o 9 de maio do ano 2009 a asociación de empresarios de Porto do Son facía público o requirimento ao goberno presidido por Núñez Feijóo para que comezaran os trámites para a execución dun Polígono Industrial neste concello.
Lage Tuñas recorda que aínda neste mesmo ano en maio os empresarios de Porto do Son queixábanse ao goberno pola parálise do polígono, e explica que “os empresarios e o goberno municipal o que poden ver é que dezaoito meses despois da chegada de Feijóo ao goberno sigue todo igual. Fume, moito fume, e pouca concreción”.
Macropolígono Empresarial do Barbanza
O Director Xeral do IGVS tamén se posicionou sobre a situación na que se atopa o macropolígono empresarial do Barbanza a raíz dunha pregunta formulada polo deputado noiés José Manuel Lage na que se interesaba pola situación de parálise na que se atopa este proxecto.
Antonio Boné respondeu a Lage Tuñas alegando que o parque empresarial do Barbanza “está paralizado porque está situado en zona de especial protección forestal”. Lage Tuñas valorou como “moi preocupante que o único que poida facer o goberno de Feijóo é botar balóns fóra cando se lle pregunta por unha cuestión tan relevante, máis si temos en conta que leva casi dous anos de goberno”.
Na comisión parlamentaria e respecto ao macropolígono industrial do Barbanza, Lage Tuñas considerou “decepciónante a falta de decisións do goberno de Feijóo para darlle un impulso ao polígono do Barbanza (sito entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal), xa que dende comezos do ano 2009 non se fixo absolutamente nada”.
Industria: o Bng pide axilidade co polígono entre Ribeira e Pobra
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario