Alfonso Costa, no medio da imaxe, é o autor de numerosas esculturas, gravados e pinturas en Noia, España e no estranxeiro Noia, 17 de xullo de 2012. Segundo informou hoxe o Concello, o vindeiro luns, día 23 de xullo, dará comezo o XVII Curso de gravado "Alfonso Costa" que rematará o 3 de agosto.
As características deste curso, que leva o nome dun dos artistas noieses máis internacionais, son as seguintes:
HORARIOS:
- Mañáns: de 10:00h a 13:00 h
- Tardes: de 18:00h a 21:00h
Nº ALUMNOS:
- Total de 45 alumnos como máximo. Soamente socios
IDADES:
- A partir de 6 anos
IMPORTANTE:
- A asistencia a cursos anteriores non implica ningún dereito a ser admitido nesta edición
- A asistencia ao curso dos alumnos de 6 a 15 anos e dos maiores iniciados de 0 a 2 cursos será de mañá obrigatoriamente
- Inscrición na conserxería da Sociedade ata o día 21 de xullo actual,indicando o número de cursos realizados previamente (caso de ter algún xa feito)
- Cada alumno deberá de traer o seguinte material:
- Prancha de cinc
- Punzón ou bolígrafo "PILOT" de punta fina, sen tinta
- Papel de calco: branco ou amarelo
- Lápis do nº 2 e goma de borrar
- Papel para estampar os gravados
- Barra ou lápis litográfico do nº 1
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario