17.7.12

Dodro: este xoves 19, "Amodiño vai de teatro", ás oito da tarde na Paxareira

Dodro_amodino

Dodro, 17 de xullo de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro, dentro do programa AMODIÑO. DODRO organiza para este xoves día 19 TEATRO para as persoas dependentes, con minusvalía ou con problemas de mobilidade e os/as seus/súas coidadores/as, actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

A obra titúlase "Anacos de Castelao",.. un pequeno espectáculo do Cadro Artístico Airiños de Rianxo. Será o xoves día 19 de xullo ás 20 horas na Paxareira.

AMODIÑO VAI DE TEATRO.... pretende ser unha actividade lúdica máis de distración, divertimento e de pasar "un día diferente" para este colectivo.

Máis de 13.000 euros en subvencións para igualdade e convivencia

Media_httpfarm5static_fmtei

O Concello de Dodro leva anos implicándose contra a violencia de xénero

O Concello de Dodro informou, por outra banda, que solicitou no mes de febreiro deste ano, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade dúas subvencións á Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, para conciliación da vida laboral e familiar e para a promoción de igualdade e prevención da violencia de xénero.

Esta semana o concello tivo coñecemento da resolución das mencionadas subvencións, concedéndose por parte da Secretaría Xeral por un lado  6.000€ para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero e 7.200€ para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello con estas subvencións porá en marcha por un lado  o “ Programa de Fomento de Conciliación” e por outro desenvolverá un programa de “Promoción de Igualdade e Prevención da violencia de xénero”, que incluirá charlas, talleres de ocio e tamén saídas e convivencias entre outras moitas actividades.

Dsc08300

Viaxe a Cerceda

O pasado 12 de xullo o Concello de Dodro, a través da Concellería de Deportes
que dirixe José Núñez, organizou unha excursión ó Aquapark de Cerceda.

Así, saíron ás 11:00 horas dende a praza do concello dous autobuses con máis
de cen persoas. Xa no parque acuático, os excursionistas puideron disfrutar dunha xornada de sol nos tobogáns  e piscinas, sendo os preferidos dos nenos a
piscina de ondas e as multipistas nas que se fartaron de realizar carreiras.
O grupo chegou de regreso a Dodro ás 20:30 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical