Imaxe dunha unitaria reconvertida en centro social. A arquitectura das unitarias galegas é semellante en todas
Dodro, 11 de xaneiro de 2013. Nestes últimos días o Concello de Dodro rematou pequenas obras de acondicionamento nas escolas unitarias de Chenlo, Bexo e Vigo. Nas escolas de Bexo e Vigo instaláronse dúas bombas de calor co fin de sustituir as estufas eléctricas tradicionais e que supoñían un alto consumo polo elevado número de horas que debían estar acesas sobre todo no inverno. Ao mesmo tempo, e no tempo máis caluroso, o uso destas bombas permitirá manter un mellor ambiente nas aulas.
Na escola de Chenlo foi sustituido o chan por un novo, xa que o anterior facía prácticamente impracticable o seu uso para as actividades dos máis cativos. O importe total destas obras foi de 2.400 euros, ao que se sumaron 940 euros que o CRA de Dodro asumeu para poder completar xa neste ano a reforma do chan nas dúas aulas da Escola de Chenlo, en lugar dunha, tal e como estaba previsto nun inicio. O estado no que se atopan as escolas unitarias de Dodro esixe continuas reparacións dado que nos derradeiros anos as inversións de mantenemento foron moi escasas, provocando o seu deterioro, e encarecendo agora as reformas necesarias. "Nembargantes, o goberno do Concello de Dodro mantén o seu compromiso, dentro das súas posibilidades económicas, de atender as demandas no eido educativo", asegurou Marisol Boga, tenente de alcalde polo Partido Popular.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario