- Será nun acto que se celebrará no Salón de Plenos o día 8 de marzo
Ribeira, 2 de marzo de 2012.- Namentres que en concellos non moi lonxanos como Lousame se optou por homenaxear ás mulleres vinculadas ao traballo sanitario, en Ribeira, o vindeiro xoves 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora distinguindo este ano ao colectivo das perruqueiras. Con tal motivo, e simbolizando ás integrantes desta profesión, a perruqueira máis antiga de cada unha das parroquias do municipio (dúas no caso da cidade) vai ser distinguida nun acto que terá lugar o próximo xoves no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Será ás 12 do mediodía e estará presidido polo alcalde Manuel Ruiz. O Centro de Información á Muller (CIM), dependente da Concellería de Igualdade que dirixe Aroa Fernández, xa está inmersa nos preparativos do evento.Cabe lembrar que o ano pasado recoñeceuse o labor das coidadoras de persoas dependentes.
Teatro: "A ópera dos tres reás", dirixida polo ribeirense Quico Cadaval, opta a oito premios no certame "María Casar... post.ly/5hVan
— Certo (@Certo) March 1, 2012
Queren ver unha lea entre arqueólogos? Velaquí o primeiro capítulo! neixon.blogspot.com/2012/03/mexill… Comeza María José Bóveda, do Bierzo!
— Certo (@Certo) March 2, 2012
Barbanza: Curota Sound, I certame para grupos novos da bisbarra post.ly/5iUGI
— Certo (@Certo) March 2, 2012
Reunións melancólicas no "Venres caníbal" de Tamara Peña. Unha ollada de esguello sobre o xornalismo hoxe certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) March 2, 2012
Ribeira: entregados os premios da terceira edición do "Atlante" de gravado en Artes post.ly/5hPFz
— Certo (@Certo) March 1, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario