Ribeira, 2 de marzo de 2012.- Tal e como xa adiantara a voceira Herminia Pouso, o Concello está a traballar en distintas actuacións encamiñadas á renovar o barrio de Abesadas e, nesta orde de cousas, xa se concretou a reordenación do tráfico nesta zona de cidade: unha medida que se pretende implantar neste mes e coa que se quere facer máis fluída a circulación de vehículos sen ter necesidade de diminuír por isto o número de prazas de estacionamento.
Así e logo, a opción pola que se decantou o Executivo Local para acadar este obxectivo foi a de converter en vías de sentido único boa parte das rúas de Abesadas, principalmente as enclavadas no interior, deixando as que circunvalan o barrio como de dobre dirección.
Así, e segundo o que se pode observar no plano adxunto, seguirán sendo de dobre dirección a avenida da Constitución (a excepción do pequeno tramo que sae de Miguel Rodríguez Bautista, que de feito xa é de dirección única na actualidade) e Xosé Ramón Barreiro. Tamén será de dobre sentido o tramo da rúa Estatuto máis próximo á rotonda de serea (9 de agosto). Pola contra, no tramo comprendido entre o colexio Galaxia e o parque de Abesadas esta rúa será dunha única dirección.
Tamén serán vías de único sentido as rúas Clara Campoamor, Abesadas, Xohana Torres e Carlos Casares.
Teatro: "A ópera dos tres reás", dirixida polo ribeirense Quico Cadaval, opta a oito premios no certame "María Casar... post.ly/5hVan
— Certo (@Certo) March 1, 2012
Queren ver unha lea entre arqueólogos? Velaquí o primeiro capítulo! neixon.blogspot.com/2012/03/mexill… Comeza María José Bóveda, do Bierzo!
— Certo (@Certo) March 2, 2012
Barbanza: Curota Sound, I certame para grupos novos da bisbarra post.ly/5iUGI
— Certo (@Certo) March 2, 2012
Reunións melancólicas no "Venres caníbal" de Tamara Peña. Unha ollada de esguello sobre o xornalismo hoxe certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) March 2, 2012
Ribeira: entregados os premios da terceira edición do "Atlante" de gravado en Artes post.ly/5hPFz
— Certo (@Certo) March 1, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario