- Veuna presentar hoxe Lucía Molares, directora xeral de Sepes -entidade estatal do solo, non confundir cos estomatólogos-
- Prevén amplialo en 106.000 metros cadrados "para responder á demanda de solo empresarial e crear emprego"
- Investiranse 4,7 millóns de euros a través de Sigalsa, pero só se licitarán as obras cando se venda polo menos a metade do novo solo "para garantir así que os recursos públicos se invisten onde realmente se precisa"
A Pobra do Caramiñal, 2 de marzo de 2012. O concello de A Pobra do Caramiñal contará con 106.350 metros cadrados máis de solo industrial, grazas á ampliación do parque empresarial A Tomada que acometerá Suelo Industrial de Galicia (Sigalsa), sociedade da que é accionista maioritaria Sepes -Entidad Estatal de Suelo-, dependente dp Ministerio de Fomento, na que tamén participan a Xunta de Galicia e Novagalicia Banco. Unha vez concluida a ampliación de A Tomada (non aventuran datas, e non semella que sexa para logo, xa que hai que vender primeiro a metade do chan novo, e non están os tempos para ledicias financieiras), o municipio contará con cerca de 250.000 metros cadrados de solo urbanizado para actividade industrial, capaz de acubillar ata 68 empresas. Lucía Molares puxo o dedo na ferida ao explicar que “no podemos permitirnos, como ocurre ahora mismo, ir por las carreteras de España e ir viendo un gran número de polígonos que están completamente vacíos, deteriorándose día a día y sin empresarios instalados”, ao que engadiu que “la transformación del suelo es un ejercicio muy costoso y debe atender a una necesidad y oportunidad de progreso real. Más aún si se urbaniza con fondos públicos. En este caso, sabemos que hay demanda suficiente”. Deste xeito os novos xestores queren evitar o que aconteceu na época do goberno de Manuel Fraga, onde cada concello tiña o seu polígono aínda que non houbera demanda e moitos deles seguen hoxe como ermos e lembranza dunha moi mala planificación dos cartos públicos. Parcelas entre 500 m2 e máis de 2.200 Dos 106.350 metros cadrados que se teñen previsto engadir, o 71,8% (76.431 m2) irá ocupado polas propias parcelas de uso industrial. O resto vaise destinar a viales (14,9%, 15.900 m2), zonas verdes (11%, 11.767 m2) e equipamientos (2,1%, 2.252 m2). Estará dotado cos mellores servizos requeridos polas empresas: abastecemento de auga, rede de saneamento, red eléctrica, alumeado, telecomunicacións e gas; e contará coas conexións viarias das que xa dispón o polígono actual, autovía de Barbanza e estrada AC-302 Ribeira- A Pobra.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario