13.4.10

Ribeira: alumnos do colexio de Palmeira axudan a limpar as ourelas do río Azor

Ribeira, Palmeira, 13 de abril de 2010.- 30 alumnos de 11 e 12 anos de idade pertencentes ao CEIP de Palmeira están a asistir esta mañá e mesmo a participar activamente na limpeza e desbroce dos marxes do río Azor, actividade desenvolvida a iniciativa do Concello de Ribeira e do devandito centro educativo.

Os traballos iniciáronse a primeira hora da mañá e están consistindo na limpeza das marxes e dominio público hidráulico do río Azor, situado na parroquia de Palmeira, nunha lonxitude aproximada de 300 metros dende a súa desembocadura na praia. A limpeza está a ser realizada de xeito manual pola brigada municipal encargada destas tarefas, rozando a vexetación accesoria e respectando as árbores de ribeira existentes. Pola súa parte, os nenos colaboraron na actividade recollendo en bolsas a maleza desbrozada. Está previsto que a actuación finalice contra as dúas da tarde.

   En vindeiras datas, os alumnos realizarán actividades pedagóxicas no seu centro escolar vinculadas con esta acción, e moi particularmente coa flora e fauna propios do río palmeirense, incidindo no coidado e preservación deste hábitat.

Ponte de madeira

Desprazáronse á zona obxecto dos traballos a concelleira de Medio Ambiente de Ribeira, Elvira Pereira; e o tenente de alcalde Vicente García, quen avanzou que se seguirá adecuando o entorno substituíndo a pasarela existente para cruzar o canle do río por unha ponte de madeira. A actuación será realizada pola brigada municipal de obras.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical