13.4.10

Infraestruturas: a autovía Santiago-Brión queda este mes toda limitada a 120 quilómetros por hora

</object>
Autovía de Santiago a Brión, ao pouco da súa inauguración

Os traballos para a instalación das novas sinais de limitación de velocidade na AG-56 comezarán o vindeiro xoves e prolongaranse durante dúas semanas

En total instalaranse un total de 22 sinais de limitación da velocidade, 12 en sentido Noia e 10 en sentido Santiago

Esta mudanza pretende ofrecer aos condutores unha limitación similar e unificada co resto das autovías de titularidade autonómica

Noia, 13 de abril de 2010.- A Xunta de Galicia modificará a velocidade actual da autovía Santiago-Brión (AG-56) que quedará establecida en 120 km/h en todo o seu percorrido. Os traballos para a instalación das novas sinais de limitación de velocidade a 120 km/h na AG-53 iniciaranse o vindeiro xoves, 15 de abril, e rematarán en dúas semanas.

Durante este período instalaranse un total de 22 sinais de limitación da velocidade, 12 en sentido Noia e 10 en sentido Santiago, así como 16 sinais e paneis direccionais ao longo de oito curvas. Tamén se instalarán limitacións de aproximación nos tramos finais de cada sentido.

A autovía do Barbanza (AG-11) xa está toda a 120

Partindo dos mesmos criterios de sinalización seguidos nas autovías do Barbanza e o Salnés, e avalados por estudos técnicos do trazado e sinalización, elaborouse por parte de Dirección Xeral de Infraestruturas unha proposta de actuación que resulta coherente cunha interpretación razoable da normativa, á vez que beneficia aos usuarios sen detrimento da seguridade viaria.

A Xunta de Galicia, mediante este cambio de sinalización, pretende ofrecer aos condutores unha limitación que ao mesmo tempo aporte a seguridade e comodidade precisas na condución. Con esta mudanza, os tramos da autovía preséntanse dun xeito recoñecible para os usuarios, unificando a autovía de Santiago-Brión co resto de autovías de titularidade autonómica.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas toma esta decisión baseándose na necesidade de que os tramos sexan homoxéneos e perfectamente recoñecibles para o usuario, unificando a limitación de velocidade nas autovías autonómicas. Cómpre sinalar que para a nova proposta de sinalización, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tomou como base o trazado da autovía e o estudo de visibilidade de parada a 120 km/ hora.

Autovía Barbanza por xornalcerto.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical