12.4.10

Política: o "milagre" das oposicións do Sergas segue sen cobrarse dimisións

(Nota do Psoe)
Lage Tuñas considera necesario "que se depuren responsabiidades no caso do milagre das oposicións do Sergas" ao coñecerse cada día novas sospeitas de graves irregularidades no proceso selectivo

Tamén presentou unha proposición non de lei urxente para que Presidencia nomee 18 inspectores urbanísticos que aprobaron a praza hai máis dun ano

Santiago de Compostela, 12 de abril 2010. O viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, reclamou hoxe ao Presidente da Xunta que abra unha investigación oficial “sobre o milagre das oposicións no Sergas” e alertou de que “o escándalo é maiúsculo”.

 

Nese senso anunciou, en rolda de prensa, que o grupo parlamentario dos Socialistas de Galicia rexistrou unha interpelación para poñer “luz e taquígrafos para que se saiba a verdade deste asunto”.

 

Lage Tuñas di “que o Goberno de Núñez Feijóo ten que explicar como estaban traballando nos mesmos procesos selectivos as mesmas persoas que despois aparecen con mellor puntuación en varios oposicións do Sergas”, advertiu

 

E insistiu na súa argumentación xa que “as mesmas persoas que están traballando alí onde se imprimen e fotocopian os exames,son ao mesmo tempo as persoas que acadan as puntuacións máis altas en diferentes procesos selectivos, todos eles dependentes da subdirección xeral de recursos humanos”, afirma Lage

 

Con estes argumentos o viceportavoz do PSdeG no Parlamento pídelle ao Presidente Feijóo que tome decisións inmediatas no tocante a función pública e tamén na Consellería de Sanidade “porque as sospeitas de graves irregularidades van en aumento, o que demostra que se precisan medidas contundentes diante de casos como os das oposicións do Sergas”.

 

O deputado asegura que é necesario que se depuren responsabilidades no seo do Goberno Galego diante do “milagre das oposicións do Sergas”. E subliña ademais que “o milagre das oposicións do Sergas” é un caso tan escandaloso que “ben faría o presidente da Xunta de Galicia en tomar a iniciativa e depurar responsabilidades no seu goberno, xa que o goteo continuo de sospeitas e casualidades está facendo moito dano ao sistema de acceso ó emprego público que ten a xunta de Galicia”.

 

Lage Tuñas denuncia que “as tres persoas que traballan coa Subdirectora responsable das oposicións acadaron as mellores puntuacións nos procesos aos que se presentaron e son tamén as mesmas persoas que están traballando no departamento onde se reciben os pendrives cos exames por parte dos tribunais, e onde se formatean e imprimen os mesmos exames”, apunta o deputado.

 

O viceportavoz socialista subliña que “a condición de opositores que tiñan estas persoas impedíalles taxantemente desenvolver estas funcións. O Director Xeral da función pública tamén coñecía este caso ao igual que o coñecía a Conselleira de Sanidade e están mirando para o outro lado sen facer nada”.

O deputado socialista aludiu ademais ao filme “La escopeta nacional” de García Berlanga “porque tanto o marido da Subdirectora de Recursos Humanos como a cuñada do marido, e como os tres traballadores que fan labores auxiliares no departamento onde se elaboran e imprimen os exames das oposicións, son o mellor expoñente do dito “el que parte y reparte se lleva la mejor parte”, ironizou.

 

Asegurou tamén que ”é preciso restablecer as máximas garantías no acceso á función pública galega”. Relata que os continuos escándalos ó redor das oposicións á Xunta están xerando unha gran alarma social e introduce desconfianza en moitas persoas que están optando a un emprego público con moito sacrificio persoal, e estudando moitas horas” explicou o deputado socialista José Manuel Lage.

 

Nomeamento urxente dos 18 inspectores urbanísticos

 

Por outra banda, o Viceportavoz socialista tamén fixo pública unha iniciativa sobre o nomeamento dos 18 funcionarios que aprobaron as oposicións ao corpo de inspección urbanística da Xunta, fai máis dun ano.

Lage Tuñas reclama, na iniciativa rexistrada, proceder coa máxima urxencia ao nomeamento como funcionarios da inspección e da subinspeccion urbanística aos dezaoito opositores que superaron as probas de selección fai mais dun ano.

 

Tamén reclama depurar responsabilidades políticas correspondentes á neglixente xestión da resolución do proceso selectivo de acceso á función pública no corpo de inspección e subinspeccion urbanística da Xunta de Galicia.

 

O deputado socialista preguntase cales son os intereses ocultos do Partido Popular para non proceder a estes nomeamentos. Asegura que esta situación “atenta contra o principio de eficiencia” que se lle presupón á Administración Pública e nese senso preguntouse por poden existir ao respecto.

 

Dixo que este caso "deixa ás claras a concepción “do Executivo de Feijoo” sobre este asunto, “para o PP a Xunta é unha empresa de demolición. Todo o que soe a Goberno Socialista na Xunta de Galicia é demolido e combatido, por iso a Feijóo non lle interesa a protección do territorio”.

Por ultimo criticou que “se meteran na neveira os nomeamentos dos subinspectores de urbanismo”, e advertiu tamén que estivo moito tempo sen publicar a orde coa resolución desas oposicións e deixando a Galicia sen instrumentos de control da legalidade urbanística “algo que o Goberno de Feijóo fixo con intencionalidade, xa que están desmantelando a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística”. Por iso insistiu no carácter de “autentico depredador do solo do Goberno encabezado por Alberto Núñez Feijoo”.

Feijoo escapa a todo o que soe a control, a legalidade e a incremento de inspectores públicos para que se poida dar cumprimento á lexislación urbanística”, sentenciou.

Por último tamén reclamou que se depuren as responsabilidades políticas correspondentes “pola neglixente xestión da resolución do proceso”. Xa que o Director Xeral da Función Pública coñece o caso dende o 10 decembro, e informou que fai 4 meses que se reuniu cunha representación dos opositores.

 

Pídolle a Rueda e Feijoo que tomen decisións contundentes no acceso á función pública, é imprescindible que haxa decisións”, e aseverou “as reformiñas express e os remendos de urxencia de Feijoo do pasado Consello da Xunta non son suficientes para tapar os buratos tan grandes que hai nas oposicións do Sergas”.



Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical