(Nota do Bng)
Pedro Piñeiro, alcalde de Rianxo polo PSOE
As recentes imputacións por prevaricación nos xulgados de Padrón e a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza pola ilegalidade do edificio Carbaxales implican o fin do modelo do ti vai facendo en Rianxo implantado polo PSOE
Rianxo, 12 de abril de 2010. O BNG de Rianxo rexeita o intento do Alcalde de agocharse tras os demais ou tras os técnicos que el nomea para diluir as súas responsabilidades e non dar a cara. O BNG lémbralle que só están imputados por prevaricación el e membros do PSOE de Rianxo. É el, o alcalde Pedro Piñeiro responsábel máximo deste concello e a súa Xunta de Goberno, quen teñen que asumir as consecuencias dos seus actos.
No caso do edificio Carbaxales o Alcalde deu unha licenza no ano 2005 para esta obra co informe favorábel do arquitecto municipal, asistencia técnica que el mesmo nomeou. O proxecto de obra de Carbaxales é dun socio dese arquitecto do Alcalde, e o Alcalde foi cómplice e non lle parou os pés nin advertiu destes feitos. Un socio aprobando o proxecto do outro, habituais colaboradores noutros proxectos entón e hoxe.Unha vez máis fóron os veciños os que tiveron que denunciar e impugar o acordo da Xunta de Goberno no ano 2006 que preside o Alcalde para evitar a desfeita e mirar para outro lado. Primeiro o Xulgado do Contencioso de Santiago e agora o Tribunal Superior anulan o acordo do goberno municipal.
Sabendo da denuncia veciñal 2006 mentres se ia facendo a construción non se deu desde o goberno local nin desde a Alcaldía as instruccións para inspeccionar e revisar o que se acometía. Unha simples inspección visual de rotina abondaría para ver que non se respectaban as distancias aos lindeiros, ou que se modificaban aliñacións, que aumentaba a altura, entre outros aspectos, ou que non se evitaba finalmente a entrada de veciños. Nada disto se fixo até que a primeira sentencia xudicial impediu consumar a falcatruada. Agora outros pagarán as consecuencias dos actos do Alcalde. O alcalde debe asumir as súas responsabilidades, dar a cara e explicarlle á Corporación municipal e aos veciños e veciñas de Rianxo, que pasa con estas imputacións e sentenzas que están a provocar o alcalde e o seu goberno.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario