9.4.10

Política: o Psoe insiste na petición de dimisión polo escándalo das oposicións

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe na Comisión Institucional do Parlamento en resposta á comparecenia do Director Xeral da Función Pública que ”o director xeral veu ao Parlamento arrastrado e agarrado polas orellas, xa que durante 15 días estivo calado sin dar nin pío. A comparecencia é decepcionante, paréceme unha farsa, xa que aquí ninguén entona o mea culpa, e aínda teñen máis que dicir, alegando que todo era correcto e legal”.

O PSdeG CONSIDERA “UNHA TOMADURA DE PELO” QUE O DIRECTOR XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA RECOÑEZA QUE COÑECÍA O CASO DAS OPOSICIÓNS DO GRUPO A1 DENDE O MES DE DECEMBRO DO 2009 E NON FIXO NADA ATA QUE SAIU O ASUNTO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Santiago de Compostela, 9 de abril 2010. O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas interviu hoxe na comparecencia do director xeral da Función Pública sobre os escándalos das oposicións na Xunta de Galicia.

Lage Tuñas considerou “unha tomadura de pelo” que o director xeral da Función Pública recoñeza que coñecía o caso das oposicións do grupo A1 dende o mes de decembro do 2009 e non fixo nada ata que saiu o asunto nos medios de comunicación.

O deputado do PSdeG sinalou na súa intervención que o Director Xeral da Función Pública “recoñeceu hoxe que encubriu e foi consentidor das anomalías detectadas nas oposicións do grupo A1 da Xunta de Galicia durante tres meses e só tomou decisións cando os medios de comunicación o fixeron público, o que é unha declaración pornográfica, é decir, obscena, en boca dun representante público.” Lage Tuñas expresou que “é insostible a posición do director xeral da Función Pública“ ao ter xustificado que o encubrimento do escándalo das oposicións foi conscientemente e dende fai máis de tres meses.

O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, reclamou hoxe ao director xeral da Función Pública que “faga un favor ao Goberno e ao país e presente a súa dimisión”. Así o dixo logo de que este alto cargo recoñecera na súa comparecencia en Comisión parlamentaria que foi coñecedor das irregularidades nas oposicións á Xunta e “optou por encubrilo, ser consentidor e non facer nada durante tres meses”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista manifestou a súa sorpesa “ao xustificar o director xeral que as decisións que toma o goberno baseanse na revelación por parte dos medios de comunicación das sospeitas de graves irregularidades nos procesos selectivos. Daquela temos que entender que no caso de non terse coñecido os escándalos o goberno non tería feito nada, a pesares de que sabían fai máis de tres meses da existencia de serios problemas nas oposicións do grupo A1 da Xunta de Galicia ”.

O parlamentario socialista tildou de “pornografía política” e “auténtica tomadura de pelo” a actuación da Xunta e engadiu que “non se pode vir ao Parlamento a recoñecer que se coñecía o que estaba sucedendo nas oposicións do grupo A1 e que aínda así non se fixo nada”.


Lage Tuñas lamentou que “o director xeral non tomou unha soa decisión sobre o caso do escándalo no que se viron implicados dous cargos da Consellería de Facenda. Tiveron que ser os propios funcionarios membros dos Tribunais os que tomaran a decisión de renunciar en bloque á vista de que o director xeral estaba mirando para outro lado e non tomaba decisións”.


Así mesmo, criticou que o Director Xeral recoñecera filtracións nos exames dos grupos C1 e C2 da Xunta de Galicia do pasado mes de outubro de 2009 “pero non asumiu ningunha responsabilidade polo sucedido, escudándose en que xa o remtiran á fiscalía, é dicir, aquí non hai goberno nin responsable políticos das filtracións”.


Lage Tuñas preguntoulle ao Director Xeral sobre “os 32 procesos selectivos que permanecen abertos” e aos que fixo referencia na súa intervención. “Pode vostede garantizar que non hai ningunha irregularidade ou anomalía nestos procesos selectivos? Pode dar garantías de imparcialidade e limpeza nos procesos?” a resposta do Director Xeral foi o silencio a pesar da insistencia do deputado socialista.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe que ”precísanse grandes cambios nos sistemas de exame das oposicións da Xunta e non parches nin remendos. A demostracción de que os escándalo son maiúsculos está na urxencia do remendo que acaba de colocar Feijóo para tentar tapar os escándalos” advertía Lage Tuñas.

Onte, publicouse:

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe que ”Feijóo intenta tapar cun remendo buratos demasiado grandes nas oposicións da Xunta de Galicia. O Presidente da Xunta faría ben en preocuparse da posible existencia de máis casos de irregularidades ou incluso nepotismo na Administración Autonómica.”

O PSdeG DENUNCIA QUE “O REMENDO PRESENTADO HOXE POR NÚÑEZ FEIJÓO NON SIRVE PARA TAPAR OS BURATOS QUE HAI NAS OPOSICIÓNS DA XUNTA DE GALICIA NIN IMPIDE A APARICIÓN DE NOVOS ESCÁNDALOS”.

Santiago de Compostela, 8 de abril 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage Tuñas, explicou hoxe que “o acordo tomado hoxe polo consello da Xunta non resolve o grave problema de alarma social que existe ó redor das oposicións da Xunta de Galicia, e non dan satisfacción ao grupo parlamentario socialista, que vén denunciando a existencia de graves sospeitas de irregularidades en diferentes procesos selectivos de acceso á función pública galega.”

Lage Tuñas afirmaba hoxe que ”Núñez Feijóo intenta tapar cun remendo buratos demasiado grandes nas oposicións da Xunta de Galicia. O Presidente da Xunta faría ben en preocuparse da posible existencia de máis casos de irregularidades ou incluso de nepotismo na Administración Autonómica.”

Dende o PSdeG denuncian que “o remendo presentado hoxe por Núñez Feijóo non sirve para tapar os buratos que hai nas oposicións da Xunta de Galicia nin impide a aparición de novos escándalos, por iso os socialistas galegos defendemos unha reforma en profundidade da función pública e dos procesos selectivos para acceder a un emprego público. Nestos momentos o goberno galego non ofrece garantías suficientes de limpeza nos procesos selectivos, como xa se ten demostrado nos pasados quince días e como se volverá a ver seguramente coa aparición de novos escándalos ó redor das oposicións”.

os socialistas galegos creen que “Feijóo estase convertindo en cómplice dos escándalos das oposicións ao non cesar ao Director Xeral da Función Pública (man dereita de Carlos Negreira no PP da cidade da Coruña, onde é o secretario xeral local) e mirar para outro lado diante de situación claramente irregulares e inmorais”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas expesaba despois de coñecer o acordo do consello da Xunta que “as situacións irregulares que se están vivindo en diferentes procesos selectivos na Xunta de Galicia non se resolven con remendos nin reformiñas, xa que o alcance das mesma é insuficiente ao non abarcar tódolos supostos posibles, e evitan o cese do responsable político da función pública, cando é unha medida imprescindible”.

Lage Tuñas considera que “Feijóo quere saír de rositas sin romper un só prato na cúpula do goberno, pero recórdolle que xa tiveron que dimitir varios Tribunais e mesmo dous cargos da Consellería de Facenda, e só queda que por hixiene democrática cese ao Director Xeral da Función Pública (man dereita de Carlos Negreira no PP de A Coruña), xa que este sujeto foi encubridor e consentidor do escándalo das oposicións do grupo A1 da Xunta, onde se mezclaban nos tribunais examinadores e examinados”.

Lage Tuñas dixo hoxe que “a conselleira de Facenda foi desautorizada por Carlos Negreira e polo aparato do Partido Popular cando intentou cesar ao director xeral da Función Púlica, o que a deixa en mal lugar ao verse que non ten autoridade para tomar decisións sobre o equipo da propia consellería de Facenda”.

O Viceportavoz socialista no parlamento galego preguntouse ”por qué remendan as instruccións sobre Tribunais senón hai nada irregular como din Feijóo e Rueda?.”

“O goberno galego non pode decir que non houbo irregularidades cando falar das oposicións da Xunta está asociándose perigósamente a palabras como filtraccións, irregularidades, nepotismo ou escándalo”.

Lage Tuñas defenderá en nome do PSdeG-PSOE no vindeiro pleno do Parlamento unha Proposición Non de Lei que inclúe “cambios profundos no sistema de selección dos tribunais das oposicións na administración pública galega, para evitar cambalaches e trapicheos coma os que xa se teñen producido”.

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista recordaba hoxe que “José María Barreiro (DX Función Pública) fixo esta semana declaracións pornográficas recoñecendo que era coñecedor das irregularidades e inmoralidades que se estaban producindo nos procesos selectivos de acceso ao grupo A1 da Xunta de Galicia. Barreiro dixo que dimitían os membros do Tribunal por alarma social e non porque o Goberno vira nada ilegal, o que é unha auténtica barbaridade, ademais de resultar pornográfico e deixa claro que senón houbese alarma social seguirían mirando para outro lado”.

Lage Tuñas explica que “o director xeral da Función Pública foi consentidor e encubridor do escándalo das oposicións nas que participan dous cargos de Facenda xa que coñecía dende fai tempo a situación de desigualdade e falta de imparcialidade que se estaba producindo tal e como recoñeceu en diferentes medios de comunicación, ao terse celebrado unha proba das oposicións compartindo estos cargos de Facenda o tribunal cos mesmos que os examinaban e evaluaban a eles”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe que ”precísanse grandes cambios nos sistemas de exame das oposicións da Xunta e non parches nin remendos. A demostracción de que os escándalo son maiúsculos está na urxencia do remendo que acaba de colocar Feijóo para tentar tapar os escándalos” advertía Lage Tuñas.

O Viceportavoz do Grupo Socialista afirmou hoxe que “Alfonso Rueda leva un ano sendo conselleiro da Presidencia e Admon Pública, e ata que lle puxemos luz ás sospeitas de graves irregularidades nas oposicións, non fixo nada para cambiar nin o proceso de elaboración nin o sistema de tribunais. Agora o que se precisa é unha reforma urxente e profunda da Función Pública e non remendos express para sair do paso”.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical