Hai axudas para próteses dentais e auditivasBoiro, 8 de abril de 2010. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da convocatoria de axudas non periódicas para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia, empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade destas axudas é a de colaborar en gastos tales como: * Axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
* Facilitar a adaptación funcional do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas.
* Adquisición de próteses dentais e auditivas. Poderán ser beneficiarias aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: * Persoas maiores cunha idade igual ou superior aos 65 anos
* Persoas con discapacidade menores de 65 anos que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
* Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis: 1. grao III , nivel 1 e 2
2. grao II, nivel 1 e 2. O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro día oito de maio do que andamos. Todas aquelas persoas interesadas poderán solicitar máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario