Rianxo, 8 de abril de 2010. Dende a Asociación Cultural Fogo Fatuo cóntannos: "Tralo éxito do Serán do Patrocinio do ano pasado, este ano aumentamos
un día máis de festa. O venres 23 de abril teremos dous grupos: EKOS e DA RÍA MAFIA. O sábado 24 darase cabida o noso Serán do Patrocinio para que tódolos grupos, amigos e compañeiros que o desexen lle dean ritmo aos bailadores e bailadoras. E por suposto non poderán faltar as tradicionais papas de arroz para repoñer forzas de tanta esmorga. Finalmente o domingo, para os máis relixiosos, celebrarase a misa cantada coa súa procesión. A alborada irá a cargo do grupo Imos de chiquitas para logo dar paso a actuación da banda de gaitas Fontornela e ao grupo de baile Aleivosía da ASC Fogo Fatúo. Esperamos vervos a tod@s.
Unha aperta", Asociación Sociocultural Fogo Fatuo
www.fogofatuo.es
Unha aperta", Asociación Sociocultural Fogo Fatuo
www.fogofatuo.es
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario